22 novembro 2012

▬ Comment ça marche?



O proxecto "Como funciona? / Comment ça marche?" xorde a partir dunha idea de colaboración entre a profesora de matemáticas Mª Jesús Casado, do IES Daviña Rey de Monforte de Lemos e a profesora de lingua española Valerie Lagrave, do Collège Louise Michel, L'Isle Jourdain, en Francia, para promover o uso do francés e do castelán a través do traballo en equipo.

O proxecto consistiu na elaboración de vídeos dun aparello do entorno cotián do alumno nos que o audio describía o seu funcionamento. Os vídeos realizáronse por equipos formados por alumnos de ambos países. Cada equipo aportou unha idea orixinal na gravación das imaxes que os compañeiros do país colaborador tiveron que comentar no idioma dos primeiros e viceversa. En total cada equipo elaborou dous vídeos nos que realizou, ou ben a imaxe ou ben o audio.


18 novembro 2012

▬ Twinpress


O proxecto "Twinpress", no que participaron o IES de Poio (profesora Carmen Fernández) e o  Gymnázium Hansa Selyeho de Komárno (profesora Katalin Kanozsay)  conseguiu o Selo de Calidade Nacional en Eslovaquia e España e o Selo de Calidade Europeo.

O proxecto baseouse no traballo conxunto dunha axencia de noticias con correspondentes nos institutos. Organizados en grupos de traballo integrados por alumnado de distinta nacionalidade, deron un repaso á actualidade, desde  a dos propios centros até a nacional e internacional, prestando especial atención aos seus intereses como mozos europeos e producindo textos, imaxes, arquivos de audio e de vídeo.

A axencia de noticias tivo a súa sede nunha wiki e os alumnos publicaron os seus traballos nun blog


14 novembro 2012

▬ Des deux côtés de l’Atlantique



O proxecto "Des deux côtés de l’Atlantique - A los dos lados del Atlántico", no que participaron o CPI de Mondariz coa profesora Mercedes Noya e o Lycée Rivière des Pères, Basse Terre, Francia, coa profesora  Mariana Chabrier despois de ter acadado o Selo de Calidade Nacional en España e Francia é un dos proxectos galegos distinguidos co Selo de Calidade Europeo. 

Este proxecto consistiu nun intercambio entre os dous grupos de alumnos para dar a coñecer o seu grupo, centro escolar, rexión/cidade, hábitos diarios, tempo libre, festas e costumes, etc. Este é o blog do proxecto.

A profesora Mercedes Noya fálanos sobre a súa experiencia:
"Nas Xornadas Pedagóxicas da APFG escoitei falar por primeira vez do eTwinning e decidín darme de alta. Buscando soci@s a través da plataforma, vin a mensaxe de Mariana Chabrier, o seu centro estaba na Guadéloupe, e eu, en Mondariz. Os contrastes eran tan evidentes!"

09 novembro 2012

▬ Te cuento, me cuentas un cuento


Neste proxecto, os alumnos de Terceiro de Educación Primaria do Colexio Internacional SEK-Atlántico, da man da profesora Susana Fontán, colaboraron cun colexio italiano, tomando como punto de partida o estudo dos contos tradicionais.

Comenzamos estudando o noso entorno máis cercano (a historia do Mosteiro de Poio e da súa Biblioteca e a historia de pobo de Combarro) para logo realizar adaptacións de dous contos populares: “Hansel e Gretel”, onde os protagonistas empezaban a súa historia en Italia pero esta remabata no Mosteiro de Poio e “A pequeña serea”, na que a figura dun Colón galego rescataba a unha pequeña serea do mar contaminado e a agochaba nun hórreo, e logo esta a axudaba a atopar un tesouro no mar de Rande co que podía empezar a súa aventura na procura de novos mundos.

Ler máis...