O proxecto "Como funciona? / Comment ça marche?" xorde a partir dunha idea de colaboración entre a profesora de matemáticas Mª Jesús Casado, do IES Daviña Rey de Monforte de Lemos e a profesora de lingua española Valerie Lagrave, do Collège Louise Michel, L'Isle Jourdain, en Francia, para promover o uso do francés e do castelán a través do traballo en equipo.
O proxecto consistiu na elaboración de vídeos dun aparello do entorno cotián do alumno nos que o audio describía o seu funcionamento. Os vídeos realizáronse por equipos formados por alumnos de ambos países. Cada equipo aportou unha idea orixinal na gravación das imaxes que os compañeiros do país colaborador tiveron que comentar no idioma dos primeiros e viceversa. En total cada equipo elaborou dous vídeos nos que realizou, ou ben a imaxe ou ben o audio.