O proxecto "Des deux côtés de l’Atlantique - A los dos lados del Atlántico", no que participaron o CPI de Mondariz coa profesora Mercedes Noya e o Lycée Rivière des Pères, Basse Terre, Francia, coa profesora Mariana Chabrier despois de ter acadado o Selo de Calidade Nacional en España e Francia é un dos proxectos galegos distinguidos co Selo de Calidade Europeo.
A profesora Mercedes Noya fálanos sobre a súa experiencia:
"Nas Xornadas
Pedagóxicas da APFG escoitei falar por primeira vez do eTwinning e decidín
darme de alta. Buscando soci@s a través da plataforma, vin a mensaxe de Mariana Chabrier, o seu centro
estaba na Guadéloupe, e eu, en Mondariz. Os contrastes eran tan evidentes!"