Se es novo/a en eTwinning, presentamos algunhas ideas para iniciares a túa andaina:
- Comeza cun proxecto simple: adapta unha actividade das que xa realizas cos teus alunos, para realizar xunto con outro centro doutro país.
- Procura socios no eTwinning Desktop, nos foros ou por busca directa.
- Se o primeiro proxecto consiste en compartir máis que en colaborar, non te preocupes, tamén é un bo punto de partida.
- Pídelle a un membro da Embaixada que apadriñe/amadriñe o teu primeiro proxecto e che axude a dar os primeiros pasos no TwinSpace.
- Fai turismo por proxectos e TwinSpaces existentes.