Desde a Estrada, da man de Araceli García, do CEIP Pérez Viondi, chéganos un proxecto interesante que queremos compartir convosco. É unha proposta para practicar o inglés oral na aula, en situacións reais, falando con outros alumnos europeos.
As tarefas do proxecto son de dous tipos:
1. Tarefas de comunicación asincrónica:
consisten en facer gravacións dos alumnos/as falando en inglés e
compartilas cos demáis membros do proxecto para poder facer actividades
de comprensión oral con elas.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjPa5-8AF1JgcxCHc1OPMj0MWapaspHkC2ue8ywjd2kJVQDx1nKv2eTp_o-FmLOpquOE6KyRb-fUB7pAEuv-jMZ6BPqCnZ9z8z1hRayaocyOIESI9i8MrHrLvuXfYmsMH8bSlRMwiPg1e0/s1600/Clase2B.jpg)
No twinspace do
proxecto recóllense todas as producións e as tarefas realizadas, co obxecto de que todos os socios teñan acceso a materiais reais cos que facer actividades de comprensión oral contextualizada.
Na seguinte táboa aparece a relación de membros do proxecto:
Mestre | Alumnado | Centro | Localidade e País |
Andrea Menella | 16 alumnos/as de 9 anos | ICDS San Filippo | Umbria, Italia |
Füsun- Sue Ellen Elgin | 12 alumnos/as de 7-8 anos | Özel Topkapı Doğa Koleji | Topkapi, Estambul, Turquía |
Dorota Chudecka | 10 alumnos/as de 11 e 12 anos | Zespół Szkół Ogólnokształcących | Szarów, Polonia |
Irini Darlasi | 11 alumnos/as de 9 anos | Δ.Σ.ΣΤΑΔΙΟΥ ΤΕΓΕΑ - PRIMARY SCHOOL OF STADIO TEGEA |
Arcadia, Grecia
|
Araceli García | 34 alumnos/as de 7-8 anos | CEIP Pérez Viondi |
A Estrada, Galicia, España.
|
E estes son os dous grupos galegos participantes: