27 outubro 2015

▬ Acroshow

A profesora Ana Santos, do IES Valle Inclán, preséntanos así o seu proxecto Acroshow, despois de ser seleccionada para a súa intervención nas II Xornada eTwinning, durante o pasado sábado.

"Coa axuda dun baremo único de Acrosport, grupos de dous institutos diferentes, un francés e outro español, compoñeron unha coreografía con música.




O día da avaliación, as coreografías foron filmadas e enviadas ao outro instituto para seren vistas e avaliadas polo grupo correspondente, con cirterios moi precisos e coñecidos polos alumnos. Un power point acompaña cada video, presentando aos membros do grupo, a súa idade, hobbies, proxecto escolar e profesional, instituto, cidade, unha foto das pirámides de acrosport realizadas, a música, o tema, a roupa e os eventuais accesorios...

De volta, cada grupo debe pór unha nota escrita e argumentada e acompañada dun comentario oral, filmado, expresando a súa opinión."