24 outubro 2015

Desenvolvemento da II Xornada eTwinning




A apertura da Xornada correu a cargo de Ángel Sebastián, asesor eTwinning na Consellería. Aproveitou para facer un recordo ao décimo aniversario do programa, lendo unha carta do Comisario Europeo de Educación. 









A partir daí, presentou a Rosario Ortega Pérez, asesora técnica do Ministerio e  representante   do Servizo Nacional.
Rosario iniciou a súa sesión cunha ferramenta participativa para facernos a idea de cal era o coñecemento dos asistentes sobre o programa. Despois, cun discurso motivador, fixo un percorrido pola plataforma e as súas características.
Igualmente, mostrou proxectos que estaban en relación co desenvolvemento e adquisición de competencias clave.




Finalizou a mañá coa intervención dos representantes da Embaixada eTwinning para a presentación do novo escritorio, o eTwinning Live, que xenerou a participación dos asistentes nunha rolda de preguntas.

Xa na tarde, houbo lugar para obradoiros concretos: "Traballando con eTwinning en centros Abalar e eDixgal", "Proxectos básicos e Kits eTwinning", "Erasmus+, FP e CLIL" e un obradoiro práctico "Rexistro e primeiros pasos na plataforma eTwinning", a cargo de Mela Rodríguez, Susana Vázquez, Marcos Vence e Cristina París, respectivamente.




O momento final foi compartido por Ana María Santos, Aarón Bermudez, Patricia Conde e Francisco Núñez, que compartiron con todos os seus proxectos, recentemente galardonados con Selos de Calidade.




Vídeo resumo da II Xornada