06 novembro 2015

Computadores para Baión

O CEIP de Sestelo-Baión é un deses moitos centros galegos que están fóra de Abalar e non contan coa dotación mínima necesaria para realizar actividades na sala de computadores. Actualmente dispoñen de varios PCs que foron comprados pola ANPA, pero mesmo así a proporción é de tres alumnos por computador.

IES San Clemente, en colaboración coa Embaixada eTwinning Galicia, participa no plan de mellora de equipamentos dos centros novos en eTwinning que necesiten axuda para realizar os primeiros proxectos na plataforma.



Desde hoxe, no cole de Baión teñen seis PCs máis para que o seu profesorado e alumnado poida iniciarse en eTwinning. Na foto, en respresentación do equipo directivo, José Manuel Rodeiro, que participou nunha pequena sesión de formación sobre eTwinning Live eTwinSpace a cargo do Embaixador Marcos Vence.

Transmitimos o noso agradecemento ao profesor Manuel Vieites, que fixo a posta a punto dos computadores no IES San Clemente.