30 novembro 2015

e-twinning como exemplo de Boas Prácticas TIC no contexto de Proxectos Europeos.


O Sábado 28 de Novembro tivo lugar no CIFP Compostela a Xornada sobre  "Propostas didácticas centradas no alumnado" como parte da formación a futuros participantes do Proxecto Erasmus + KA2   ENTELS.
A conferencia inaugural de Mª Paz Prendes Espinosa "PERSONAL LEARNING ENVIROMENT (PLE) na aula de secundaria  deu paso á presentación de Boas Prácticas TIC no contexto de Proxectos Europeos no que tivemos ocasión de poder coñecer as distintas iniciativas nas que participan as poñentes :
EUFOLIO. Luz Ares Fandiño-Milagros Trigo Miranda
ICT GIRLS. Carmen Fernández Morante, Beatriz Cebreiro López
ATS 2020. Mª Blanca Fraga Lago (na imaxe mostrando a Blog da Embaixada ) adicando unha parte da súa intervención ao Programa e-twinning e as súas posibilidades neste contexto.
Presentación do Proxecto Erasmus+KA2 ENTELS. Mª Luz Ares Fandiño , Carmen Fernandez Morante.
Animádevos a participar na Pilotaxe deste Proxecto  nos vosos centros e matriculadevos no curso Propostas didácticas centradas no alumnado no contexto do proxecto europeo KA2 ENTELS-II que se desenvolverá online de Febreiro a Maio na plataforma fprofe e na Conferencia final KA2 ENTELS: as competencias do profesorado para unha educación de calidade e éxito que terá lugar en Maio.