Durante os meses de novembro a maio, desenvolverase un Grupo de Traballo coa asesoría do CFR A Coruña no CEIP Wenceslao Fernández Flórez, de Cambre, co título "Achegamento a eTwinning".

As sesións serán repartidas ao longo do proceso de rexistro, planificación e desenvolvemento do proxecto e celebraranse en novembro, xaneiro e febreiro, nun total de 6 horas. Os materiais utilizados e os resultados publicados do traballo estarán enlazados na páxina GT CAMBRE do TwinSpace do proxecto de difusión da Embaixada.
Contacta connosco se queres informarte de cómo desenvolver un GT sobre eTwinning:
embaixada.etwinning@gmail.com