Iniciamos a nosa colaboración co seminario permanente do CPI Plurilingüe Cabo da Area, de Laxe, no que participan quince docentes de infantil, primaria e secundaria, co obxectivo de iniciárense en eTwinning.
Asistimos á primeira sesión Cristina París e Marcos Vence. Falamos do uso da plataforma Live, inscrición, actualización do perfil (nome, foto, novo centro), procura de socios, publicación nos foros e mail interno.
Saíron varias ideas de proxecto para as que van procurar socios europeos. Despois da inscición dos proxectos faremos unha segunda sesión para traballar nos TwinSpaces correspondentes.
Contacta connosco se queres informarte sobre como desenvolver un GT/SP sobre eTwinning:
embaixada.etwinning@gmail.com