Tras case catro anos de traballo, lanzamos a versión en portugués lo libro "Projetos eTwinning Galiza-Portugal", con 18 ideas para proxectos a desenvolver entre centros educativos galegos e portugueses, elaboradas por 24 docentes de ambas beiras do Miño.
Queremos agradecer á Direção-Geral do Ministério da Educação de Portugal, que editou o libro e participou na súa revisión e corrección, en especial a Laura Filipe, e por suposto ao IES San Clemente de Santiago de Compostela que financia as actividades da Embaixada galega.
Descarga do libro e máis información
28 setembro 2016
ENCONTROS CON PARTICIPACIÓN DA EMBAIXADA
A embaixada eTwinning, participará
na Xornada que o CFR de Pontevedra e o CFR de Vigo están a
organizar para os vindeiros 14 e 15 de outubro que levan por
título “ O inglés como lingua de materias non lingüísticas. Retos
e estratexias ".Dito encontro terá lugar no Pazo da Cultura
dePontevedra e está dirixido ao profesoradode inglés e a docentes que estean
impartindo materias non lingüísticas en inglés tanto en seccións bilingües
como en centros plurilingües. Poden inscribirse na actividade a través
de http://www.edu.xunta.es/fprofe/ ata o 03
de outubro.
Cadaquén deberá inscribirse na
actividade que corresponda ao CFR do seu ámbito segundo os seguintes
códigos:
Código actividade CFR Pontevedra:
P1603002
Código actividade CFR Vigo: V1603004
Coa actividade pretenden aportar
estratexias de integración curricular na ensinanza de linguas e contidos e
aportar pistas sobre o papel do profesorado mentor en contextos plurilingües.
Desenvolverán un programa de obradoiros, experiencias e conferencias.(Programa
completo da actividade en Fprofe).
Pretenden asimesmo que estas
xornadas servan de foro de intercambio profesional, asi queestá
aberta a posibilidade de que os centros asistentes presenten
experiencias CLIL en
formato de paneis. Os contactos para
elo serían os das persoas asesoras encargadas da actividade:
cfr.pontevedra.linguasestranxeiras@edu.xunta.es
Carmen Martínez Dapena
Mónica Otero Bruzada
07 setembro 2016
Proxecto europeo ATS 2020
A Consellería de Cultura, Educación e O.U seleccionará 35 centros educativos co obxecto de realizar unha pilotaxe, durante o curso 2016/17, do proxecto europeo ATS2020. O obxectivo é estudar o grao de integración real das competencias clave dentro do currículo do ensino primario e secundario en 250 centros educativos de toda Europa.
Os centros docentes participarán no proxecto coa implicación de dous profesores/as de calquera materia que impartan no mesmo nivel (existe a posibilidade de que sexa só un).
A idade do alumnado deberá estar entre os 10 e os 15 anos de idade.
O 15 de setembro de 2016. é a data tope para a inscrición dos centros participantes, que é moi sinxela.
O profesorado participante con avaliación positiva terá un recoñecemeneto de 20 horas de innovación educativa.
A participación neste proxecto podería dar lugar a entrar en contacto con colegas europeos cos que traballar ao mesmo tempo nun proxecto e-Twinning.
Este é o enlace da convocatoria
Máis información no correo: programas.europeos@edu.xunta.es ou no teléfono 981 546545.
04 setembro 2016
Os proxectos europeos xa contan.
A Consellería acaba de publicar a Resolución do 23 de agosto de 2016, da Dirección Xeral de Educación,
Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regula o
recoñecemento, a certificación e o rexistro da participación do
profesorado en proxectos europeos como actividades de formación
permanente do profesorado, pola cal os proxectos europeos tales como Erasmus+, PAP e e-Twinning pasan a ter unha certificación de horas.
Para máis información preme a imaxe e aparecerá a resolución do DOG da Consellería.
Para máis información preme a imaxe e aparecerá a resolución do DOG da Consellería.
01 setembro 2016
AROUND THE WORLD WITH MATHS recibe o Selo de Calidade Nacional
NORABOA A TODO O ALUMNADO PARTICIPANTE NESTE PROXECTO!!!
Proxecto
realizado entre 12 socios de 7 países, con alumnado de 12-15 anos.
Ten como obxectivo resolver problemas matemáticos conectándoos con
contextos xeográficos, históricos ou artísticos.É
o propio alumnado o que busca a información ou crea os problemas
matemáticos, e para iso utilizan o inglés como lingua de
comunicación.Como
produtos finais xérase un mapa interactivo no que se sitúan
xeograficamente cada unha das tarefas, así como a publicación dun
caderno coa colección de problemas xerados polo alumnado e unha web
do proxecto que presenta tarefas, solucións e outros produtos que se
desenvolveron ao longo do proxecto, así como videoconferencias entre
o socio español e o socio de Turquía.O
alumnado estivo directamente implicado no proxecto dende o inicio,
seleccionando e producindo problemas matemáticos que tivo que
resolver o alumnado socio dos outros países, comunicouse mediante
videoconferencias e gravou vídeos coas solucións aos problemas. Hai
unha selección adecuada das ferramentas TIC usadas, tanto para
producir materiais como para presentalos.Máis información na web do proxecto.
Subscrever:
Mensagens (Atom)