Resumo das actividades do primeiro trimestre do ano lectivo 2018-2019:
- Reunión con Luz Ares, a nova representante do SNA en Galicia, para establecer as prioridades a curto e medio prazo: recoñecemento institucional para centros participantes en eTwinning, publicación do nodo na web da Consellaría, melloras no procedemento de certificación como Formación, estratexias para conseguir a certificación como Innovación, reedición do curso de Platega, entre outras.
- Café con eTwinning: EOI de Vilagarcía de Arousa e CEIP Viñagrande de Deiro.
- Docencia en PFPP: IES Xelmírez I, CPI Progreso e IES Terra Cha - Trapero Pardo.
- Actividade de Formación no CEE de Pontevedra