30 novembro 2020

▬ Pay it forward

Comprácenos compartir esta reseña do proxecto Pay it forward, do CEIP Plurilingüe Pena de Francia, de Mos, que vén de recibir un Selo de Calidade Europeo 2020.

A profesora Ángeles González Lemos, cóntanos como foi a experiencia:

“Pay it Forward” inspírase na película do mesmo nome. O lema era “420 árbores // 420 boas accións”.  A idea da cadea de favores implicaba un crecemento exponencial que ía permitir multiplicar os efectos iniciais e alcanzar un maior número de resultados. O mesmo tempo pretendíase que o noso alumnado aprendera a ser amable e colaborador, que aprendera a compartir e respetar e que se decatara que todos xuntos podíamos conseguir o cambio que queríamos ver no mundo. Levamos a cabo unha serie de boas accións cara a comunidade e o planeta. Elaboramos un mural onde se recollían as actividades planificadas trimestralmente.

Neste proxecto participou o alumnado de sexto de primaria e incluíronse as áreas de inglés e plástica contando coa participación das mestras de francés, música e relixión nalgunhas das actividades desenvolvidas.

Desde aquí, felicitámosvos polo bo traballo!

Se tes interese, podes acceder ao seu TwinSpace, e aquí tes a portada do proxecto.





27 novembro 2020

S.O.S: Sustain Our Souls

Compartimos convosco unha reseña do proxecto “SOS: Sustain Our Souls” do IES Terras do Xallas, de Santa Comba, que acaba de ser premiado cun Selo de Calidade.



As palabras da profesora premiada, Ana Isabel López Novo, ao respecto, son:

O noso proxecto “S.O.S: Sustain our Souls” parte da actual necesidade de darlle valor ao noso patrimonio natural, o noso hábitat herdado, xa que é a nosa identidade; a nosa alma. Centrámonos especialmente en investigar o entorno natural e cultural do alumnado, en espertar a súa consciencia sobre o valor tan especial que ten o seu hábitat persoal e en plantarlle cara aos perigos dun mundo virtual. Mirando con atención a natureza, a terra e as persoas que temos ó redor pretendemos conseguir que as xeracións máis xoves leven un estilo de vida máis saudable e traballen voluntariamente polo ben común.Traballamos conxuntamente con outros cinco socios de Alemaña, Romanía, Polonia, Grecia e Italia. Para saber máis sobre o proxecto, entra aquí.

23 novembro 2020

Life Scales Project

O proxecto “Life Scales Project” do IES de Beade en Vigo ven de ser galardoado co Selo de Calidade Europeo.Parabéns ás profesoras Esther Pérez e María Álvarez.


Esto é o que Esther Pérez nos conta do seu proxecto:

Este proxecto é unha extensión do noso anterior proxecto "Powers of Ten". A idea básica é a comparación das escalas presentes na natureza a través de obxectos cotiás, de xeito que o alumnado poida ter unha imaxe máis visual do tamaño dos obxectos moi, moi pequenos ou moi, moi grandes.

Neste ano o levamos a cabo cas alumnas e alumnos de 2º de PMAR. O enfoque interdisciplinar, abarcando as materias de matemáticas, bioloxía, xeografía e física, facíao moi adecuado para este alumnado. Ademáis, nesta edición participaron moitos máis países (España, Francia, Italia, Portugal, Rumanía, Macedonia e Serbia) e realizáronse moitas máis actividades de colaboración directa entre os estudantes das escolas participantes.
Na imaxe móstranse os logos do proxecto, elaborados polos propios alumnos. Un para cada unha das oito escalas da agregación da materia estudadas: átomos, moléculas, virus, células, seres vivos pluricelulares, accidentes xeográficos da Terra, corpos celestes, e, por último, galaxias.



20 novembro 2020

Selos de Calidade Europeos 2020

 



Vén de ser publicada a lista de Selos de Calidade Europeos eTwinning 2020, que pode ser consultada nesta ligazón.

A continuación destacamos os proxectos e profesorado galegos que obtiveron este recoñecemento: XX selos en total!



Parabéns ao profesorado, ao alumnado e aos centros!!!!


Mª de los Ángeles González Lemos
CEIP Plurilingüe Pena de Francia
Mos
Pay it forward
Carmen María Fernández Rodríguez
EOI A Coruña
A Coruña
Stories Time Capsule
Isabel Rama Nion
EOI A Coruña
A Coruña
Stories Time Capsule
Gonzalo Garcia Fernandez
SEK International School Atlántico
Poio
LOAD - Life Of A Digi
Susana Fontán
SEK International School Atlántico
Poio
S.W.A.T. Scienze Will Advance Througout us
Carmen Fernández Vázquez
IES de Poio
Poio
Equi-eTwinning
Carmen Fernández Vázquez
IES de Poio
Poio
OPTIME
Laura Fernández Sasiaín
IES de Poio
Poio
OPTIME
Marcos Vence Ruibal
IES San Clemente
Santiago de Compostela
Pek, the Traveller Flea 5
Esther Pérez Fernández
IES de Beade
Vigo
Life Scales Project
María Álvarez
IES de Beade
Vigo
Life Scales Project
Ana Isabel López Novo
IES Terra do Xallas
Santa Comba
SOS - Sustain Our Souls
Mela Rodríguez Montegrifo
CEIP Plurilingüe Froebel
Pontevedra
ClimACT News
Esther Basanta
CEIP de Cervo
Cervo
United through creativity