Vén de publicarse a lista de escolas europeas acreditadas co selo de centro eTwinning no 2021 na cuarta edición desta iniciativa. Nesta ocasión 2935 escolas europeas obtiveron a distinción, entre elas, catro galegas:
- CEIP Plurilingüe Froebel, Pontevedra
- EOI A Coruña
- EOI de Vilagarcía de Arousa
- IES Laxeiro, Lalín
O selo de centro eTwinning recoñece o traballo realizado con eTwinning no ámbito do centro educativo por equipos docentes e persoal de dirección. Parabéns aos premiados!
Xunto cos premiados na edición 2020-2021, en total son sete os centros galegos con eTwinning School Label vixente:
- Colegio Internacional SEK-Atlántico, Poio
- IES San Clemente, Santiago de Compostela
- IES de Poio, Poio
Tan só teñen o selo o 2,3 % dos centros educativos europeos rexistrados en eTwinning.