26 abril 2022

Evento eTwinning de difusión de proxectos galegos do Plan Proxecta

O día 25 de abril de 2022 de 16.30 a 18 horas tivo lugar  un evento eTwinning no que se difundiron once proxectos galegos que estanse a desenvolver dentro do Plan Proxecta na  modalidade de Patrimonio cultural europeo en colaboración no programa eTwinning.

O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais.

Esta é a ligazón ao evento

Parabéns aos centros galegos que participan este ano:

CEIP JUANA DE VEGA

CEIP Plurilingüe de Porto Cabeiro

CEP Plurilingüe de Carreira

CPI Castro Baxoi

EOI da Coruña

EOI Ourense

IES Beade


IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez

IES de Fene

IES Poeta Díaz Castro

IES Xoán Montes



24 abril 2022

▬ Euroheroes of our time

 Presentamos un dos proxectos eTwinning desenvolvidos dentro do Plan Proxecta na nova modalidade de Patrimonio cultural europeo en colaboración no programa eTwinning.

O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais.

Trátase do proxecto Euroheroes of our time, da EOI de A Coruña

Este é o Twinspace do proxecto.

A coordinadora, Carmen María Fernández, preséntanos o proxecto:

“Euroheroes of our time” é un proxecto sobre a preservación do noso patrimonio que implica actividades de colaboración e produción de material sobre diversos aspectos dos países participantes. O obxectivo principal deste proxecto é comprender a importancia da acción humana para resolver problemas comúns europeos e preservar o noso patrimonio e medio ambiente comúns en Europa. O alumnado reflexionará sobre a figura do heroe na cultura e na sociedade e a súa evolución no tempo. Tamén se centrarán en como resolver problemas e, finalmente, pediráselles que asuman o papel de heroes para preservar, difundir e promover a súa cultura local nun marco europeo.

Os obxectivos do proxecto son:

    • Promover o coñecemento e a comprensión doutras culturas europeas (conciencia cultural e competencia de expresión)

    • Sensibilizar sobre o patrimonio cultural europeo común material e inmaterial (competencia de conciencia e expresión cultural).

    • Aumentar a empatía do alumnado en cuestións sociais e políticas (competencia cívica)

    • Reforzar a competencia dixital do alumnado e a alfabetización mediática (competencia dixital).

    • Introducir ao alumnado na terminoloxía e as ferramentas para preservar o patrimonio cultural (competencia cívica).

    • Aprender a utilizar diferentes métodos de recollida de información (competencia científica).

    • Tomar conciencia dos cambios provocados pola actividade humana e a responsabilidade como cidadán individual (competencia en ciencia)

    • Desenvolver hábitos de traballo colaborativo con socios europeos (competencia persoal, social e para aprender a aprender)

    • Participar en redes escolares europeas (competencia emprendedora).

    • Promover e favorecer a internacionalización dos centros educativos (competencia persoal, social e de aprender para aprender)