O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais.
Trátase do proxecto Euroheroes of our time, da EOI de A Coruña
Este é o Twinspace do proxecto.
A coordinadora, Carmen María Fernández, preséntanos o proxecto:
“Euroheroes of our time” é un proxecto sobre a preservación do noso patrimonio que implica actividades de colaboración e produción de material sobre diversos aspectos dos países participantes. O obxectivo principal deste proxecto é comprender a importancia da acción humana para resolver problemas comúns europeos e preservar o noso patrimonio e medio ambiente comúns en Europa. O alumnado reflexionará sobre a figura do heroe na cultura e na sociedade e a súa evolución no tempo. Tamén se centrarán en como resolver problemas e, finalmente, pediráselles que asuman o papel de heroes para preservar, difundir e promover a súa cultura local nun marco europeo.Os obxectivos do proxecto son:
• Promover o coñecemento e a comprensión doutras culturas europeas (conciencia cultural e competencia de expresión)
• Sensibilizar sobre o patrimonio cultural europeo común material e inmaterial (competencia de conciencia e expresión cultural).
• Aumentar a empatía do alumnado en cuestións sociais e políticas (competencia cívica)
• Reforzar a competencia dixital do alumnado e a alfabetización mediática (competencia dixital).
• Introducir ao alumnado na terminoloxía e as ferramentas para preservar o patrimonio cultural (competencia cívica).
• Aprender a utilizar diferentes métodos de recollida de información (competencia científica).
• Tomar conciencia dos cambios provocados pola actividade humana e a responsabilidade como cidadán individual (competencia en ciencia)
• Desenvolver hábitos de traballo colaborativo con socios europeos (competencia persoal, social e para aprender a aprender)
• Participar en redes escolares europeas (competencia emprendedora).
• Promover e favorecer a internacionalización dos centros educativos (competencia persoal, social e de aprender para aprender)