O día 25 de abril de 2022 de 16.30 a 18 horas tivo lugar un evento eTwinning no que se difundiron once proxectos galegos que estanse a desenvolver dentro do Plan Proxecta na modalidade de Patrimonio cultural europeo en colaboración no programa eTwinning.
O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais.
Esta é a ligazón ao evento
Parabéns aos centros galegos que participan este ano:
CEIP JUANA DE VEGA
CEIP Plurilingüe de Porto Cabeiro
CEP Plurilingüe de Carreira
CPI Castro Baxoi
EOI da Coruña
EOI Ourense
IES Beade
IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez
IES de Fene
IES Poeta Díaz Castro
IES Xoán Montes