A formación permanente do profesorado, a través do CAFI e os CFR, deu este ano un novo pulo a eTwinning, creando un curso presencial chamado ABP con eTwinning.
Este curso, de 12 horas, está distribuído en tres bloques:
- Aprendizaxe Baseado en Proxectos
- eTwinning como escenario para traballar por proxectos (de aula, de centro)
- Boas prácticas en eTwinning.
A Embaixada eTwinning é a encargada de levar a cabo as dúas primeiras sesións, deixando a terceira en mans de eTwinners galegos de diferentes etapas que teñen proxectos con Selos de Calidade.
Os cursos e a súa descrición serán como seguen:
CFR LUGO: A celebrar os días 19, 26 de outubro e 2 de novembro. As relatoras, Susana Vázquez (embaixadora eTwinning) e Yolanda Barallobre, para as dúas primeiras sesións, a terceira e cuarta sesións contarán con Eva Fernández, Susana Sabarís, Carlos Castro, Susana Simó, Marcos Arias, Pilar Pérez e Ana Fernández.
CFR A CORUÑA: A celebrar os días 12, 19 e 26 de xaneiro. As relatoras, Susana Vázquez (embaixadora eTwinning) e Yolanda Barallobre, para as dúas primeiras sesións, a terceira e cuarta sesións contarán con Eva Fernández, Susana Sabarís, Carlos Castro, Susana Simó, Marcos Arias, Pilar Pérez e Ana Fernández.
CFR OURENSE: Aínda sen data pechada, contará coa embaixadora Patricia Conde.
CAFI: A celebrar os días 1,8 e 15 de febrero, contará coa embaixadora Mela Rodríguez .Cada sesión será compartida con exemplos de boas prácticas a cargo de Pilar Pérez e Ana Fernández, Marcos Arias.