O noso obxectivo foi protexer as fontes enerxéticas naturais implicando ao alumnado na apropiación da súa contorna e da súa propia aprendizaxe, e concretouse nos seguintes, máis específicos:
- Evitar o despilfarro de enerxía mediante o aforro enerxético.
- Descubrir como reducir os residous na vida cotiá.
- Fomentar a reciclaxe clasificando o lixo.
- Preparar algúns actos para chamar a atención e informar na contorna sobre os problemas medioambientais.
- Construír unha identidade europea a través da interacción nun proxecto educativo.
- Perseguir a excelencia de todo o alumnado, en función das súas propias características, atendendo á súa diversidade.
O alumnado de 1º, 2º de ESO e FP Básica traballaron ao unísono para instalar unha composteira e construír tres bancais de cultivo, aprendendo, entre tanto, sobre a necesidade de reducir, reutilizar e por en valor o consumo de proximidade.
As construcións foron en paralelo nos 6 centros participantes... de todo o proceso dá conta o TwinSpace do proxecto.
No desenvolvemento do traballo, o centro recibíu dúas novas importantes: A concesión da distinción de eTwinning School e do European Quality Label polo proxecto do ano pasado, Cadea de hoteis de insectos.
Algunhas imaxes do proceso son as que seguen: