29 junho 2023

Zero Waste! Un proxecto para a sostibilidade


Durante o curso 2022/23 o IES POETA DÍAZ CASTRO traballou con Turquía e Eslovenia nun proxecto sobre o desenvolvemento sostible que contribuíu a consolidar o Espazo de observación da natureza creado no recinto.

O noso obxectivo foi protexer as fontes enerxéticas naturais implicando ao alumnado na apropiación da súa contorna e da súa propia aprendizaxe, e concretouse nos seguintes, máis específicos:

  • Evitar o despilfarro de enerxía mediante o aforro enerxético.
  • Descubrir como reducir os residous na vida cotiá.
  • Fomentar a reciclaxe clasificando o lixo.
  • Preparar algúns actos para chamar a atención e informar na contorna sobre os problemas medioambientais.
  • Construír unha identidade europea a través da interacción nun proxecto educativo.
  • Perseguir a excelencia de todo o alumnado, en función das súas propias características, atendendo  á súa diversidade.

O alumnado de 1º, 2º de ESO e FP Básica traballaron ao unísono para instalar unha composteira e construír tres bancais de cultivo, aprendendo, entre tanto, sobre a necesidade de reducir, reutilizar e por en valor o consumo de proximidade.

As construcións foron en paralelo nos 6 centros participantes... de todo o proceso dá conta o TwinSpace do proxecto.

No desenvolvemento do traballo, o centro recibíu dúas novas importantes: A concesión da distinción de eTwinning School e do European Quality Label polo proxecto do ano pasado, Cadea de hoteis de insectos.

Algunhas imaxes do proceso son as que seguen: