O programa da TVG "A Revista" achegouse ao CPI Cstro Baxoi para entrevistar aos nenos e nenas participantes no proxecto eTwinning "From Miño to Portoalegre and beyond"
Podedes ver as úa intervención premendo na imaxe (minuto 15:20):
Noraboa!
O programa da TVG "A Revista" achegouse ao CPI Cstro Baxoi para entrevistar aos nenos e nenas participantes no proxecto eTwinning "From Miño to Portoalegre and beyond"
Podedes ver as úa intervención premendo na imaxe (minuto 15:20):
Noraboa!
POEUMS
A EOI da Coruña ven de rematar un proxecto eTwinning con Italia e Grecia sobre poesía en Europa. O alumnado compartiu e explorou a variedade de culturas que se unen na Europa actual e danlle un novo significado a Europa. Ao traducir e contextualizar poemas descubriron puntos interesantes para comprender sentimentos e emocións. O proxecto fíxose en dúas linguas: inglés e castelán.
Os obxectivos foron:
Traballáronse as seguintes competencias básicas:
Cidadanía: agora o alumnado séntese mellor preparado tanto para superar os prexuízos como para comprometerse.
Conciencia e expresión cultural: significou apreciar a importancia da expresión creativa de ideas, experiencias e emocións na arte.
Dixitalización: o alumnado mellorou a capacidade para buscar, recoller e procesar información e utilizala adecuadamente.
Alfabetización: o alumnado consolidou a súa capacidade para interactuar lingüísticamente de forma adecuada e creativa en diversos contextos culturais.
Multilingüe: consolidaron súa capacidade para comprender e ler e producir textos axeitados.
Aprender a aprender: ao ter que organizar a súa propia aprendizaxe, avaliar o seu propio traballo e buscar asesoramento, información e apoio, tomaron conciencia do seu proceso de aprendizaxe e das súas necesidades.
O resultado deste proxecto foi a creación dunha presentación colaborativa con lecturas, traducións e informacións diversas sobre autores e poemas de Grecia, Italia e España.
FINALIZACIÓN DA FORMACIÓN 2023-24 SOBRE ETWINNING DENTRO DO PLAN PROXECTA
Os días 22 e 29 de maio celebráronse as dúas últimas videoconferencias da formación sobre eTwinning dentro da modalidade Educación Patrimonial do Plan Proxecta 2023-24.
Como nas videoconferencias anteriores ao longo do curso, interviu o profesorado participante por parte da EOI de Ourense e a EOI da Coruña e as súas respectivas coordinadoras, Patricia Conde e Carmen María Fernández. Unha gran ocasión para coñecer como se levan a cabo os proxectos eTwinning "Hadrian's Legacy" e "Europe is fashion for all".