POEUMS
A EOI da Coruña ven de rematar un proxecto eTwinning con Italia e Grecia sobre poesía en Europa. O alumnado compartiu e explorou a variedade de culturas que se unen na Europa actual e danlle un novo significado a Europa. Ao traducir e contextualizar poemas descubriron puntos interesantes para comprender sentimentos e emocións. O proxecto fíxose en dúas linguas: inglés e castelán.
Os obxectivos foron:
· Practicar o proceso de tradución de textos literarios ao inglés
· Dar a coñecer as cuestións que suscita a literatura que preocupan a toda a humanidade
· Comparar os significados expresados na literatura de distintos países
· Interactuar e utilizar creativamente as ferramentas dixitais
Traballáronse as seguintes competencias básicas:
Cidadanía: agora o alumnado séntese mellor preparado tanto para superar os prexuízos como para comprometerse.
Conciencia e expresión cultural: significou apreciar a importancia da expresión creativa de ideas, experiencias e emocións na arte.
Dixitalización: o alumnado mellorou a capacidade para buscar, recoller e procesar información e utilizala adecuadamente.
Alfabetización: o alumnado consolidou a súa capacidade para interactuar lingüísticamente de forma adecuada e creativa en diversos contextos culturais.
Multilingüe: consolidaron súa capacidade para comprender e ler e producir textos axeitados.
Aprender a aprender: ao ter que organizar a súa propia aprendizaxe, avaliar o seu propio traballo e buscar asesoramento, información e apoio, tomaron conciencia do seu proceso de aprendizaxe e das súas necesidades.
O resultado deste proxecto foi a creación dunha presentación colaborativa con lecturas, traducións e informacións diversas sobre autores e poemas de Grecia, Italia e España.