04 junho 2024

Plan Proxecta 2023-24

FINALIZACIÓN DA FORMACIÓN 2023-24 SOBRE ETWINNING DENTRO DO PLAN PROXECTA


Os días 22 e 29 de maio celebráronse as dúas últimas videoconferencias da formación sobre eTwinning dentro da modalidade Educación Patrimonial do Plan Proxecta 2023-24.

Como nas videoconferencias anteriores ao longo do curso, interviu o profesorado participante por parte da EOI de Ourense e a EOI da Coruña e as súas respectivas coordinadoras, Patricia Conde e Carmen María Fernández. Unha gran ocasión para coñecer como se levan a cabo os proxectos eTwinning "Hadrian's Legacy" e "Europe is fashion for all".





Participaron na sesión do día 22 os seguintes centros:
  1. EOI A Coruña             
  2. EOI Ourense              
  3. IES de Fonmiñá           
  4. CIFP Carlos Oroza        
  5. CPI Vilamarín   
         
O día 29 tocoulle a: 
  1. IES de Fene
  2. CEIP Emilia Pardo Bazán
  3. CPI Padrenda Crespos
  4. CPI Castro Baxoi
  5. CEIP Vidal Portela