Ademais conseguiron en Eslovaquia o Premio Nacional co proxecto e deste xeito puideron visitarnos. Nese mesmo día visitaron a Catedral e a súa cuberta.
O domingo 16 fixeron un pequeno treito do Camiño de Santiago.
O luns 17 pasaron todo o día coñecendo Poio e traballando cos seus compañeiros galegos no instituto. Pola mañá foron recibidos no Concello polo Alcalde.
Grazas ás xestións de Carmen Viñas, directora do IES San Clemente, o martes 18 foron recibidos en Santiago de Compostela polo Alcalde da cidade.