O programa da TVG "A Revista" achegouse ao CPI Cstro Baxoi para entrevistar aos nenos e nenas participantes no proxecto eTwinning "From Miño to Portoalegre and beyond"
Podedes ver as úa intervención premendo na imaxe (minuto 15:20):
Noraboa!
O programa da TVG "A Revista" achegouse ao CPI Cstro Baxoi para entrevistar aos nenos e nenas participantes no proxecto eTwinning "From Miño to Portoalegre and beyond"
Podedes ver as úa intervención premendo na imaxe (minuto 15:20):
Noraboa!
POEUMS
A EOI da Coruña ven de rematar un proxecto eTwinning con Italia e Grecia sobre poesía en Europa. O alumnado compartiu e explorou a variedade de culturas que se unen na Europa actual e danlle un novo significado a Europa. Ao traducir e contextualizar poemas descubriron puntos interesantes para comprender sentimentos e emocións. O proxecto fíxose en dúas linguas: inglés e castelán.
Os obxectivos foron:
Traballáronse as seguintes competencias básicas:
Cidadanía: agora o alumnado séntese mellor preparado tanto para superar os prexuízos como para comprometerse.
Conciencia e expresión cultural: significou apreciar a importancia da expresión creativa de ideas, experiencias e emocións na arte.
Dixitalización: o alumnado mellorou a capacidade para buscar, recoller e procesar información e utilizala adecuadamente.
Alfabetización: o alumnado consolidou a súa capacidade para interactuar lingüísticamente de forma adecuada e creativa en diversos contextos culturais.
Multilingüe: consolidaron súa capacidade para comprender e ler e producir textos axeitados.
Aprender a aprender: ao ter que organizar a súa propia aprendizaxe, avaliar o seu propio traballo e buscar asesoramento, información e apoio, tomaron conciencia do seu proceso de aprendizaxe e das súas necesidades.
O resultado deste proxecto foi a creación dunha presentación colaborativa con lecturas, traducións e informacións diversas sobre autores e poemas de Grecia, Italia e España.
FINALIZACIÓN DA FORMACIÓN 2023-24 SOBRE ETWINNING DENTRO DO PLAN PROXECTA
Os días 22 e 29 de maio celebráronse as dúas últimas videoconferencias da formación sobre eTwinning dentro da modalidade Educación Patrimonial do Plan Proxecta 2023-24.
Como nas videoconferencias anteriores ao longo do curso, interviu o profesorado participante por parte da EOI de Ourense e a EOI da Coruña e as súas respectivas coordinadoras, Patricia Conde e Carmen María Fernández. Unha gran ocasión para coñecer como se levan a cabo os proxectos eTwinning "Hadrian's Legacy" e "Europe is fashion for all".Este taller de desenvolvemento profesional estaba dirixido a profesores de educación infantil e primaria. O enfoque destes talleres tivo por obxectivo o reforzar a comprensión dos participantes sobre o desenvolvemento de diversas competencias, entre as que destacan as dixitais (DigiComp), empresariais (EntreComp), de aprendizaxe permanente (LifeComp) e de sustentabilidade (GreenComp). Todo iso en relación coa formalización e creación de proxectos a través da plataforma eTwinning.
O grupo da delegación española estivo composto por cinco mestras embaixadoras eTwinning, de distintos puntos da nosa xeografía: Xema Sánchez (Valencia), Miriam Rodríguez (Málaga), Mari Luz Castelán (Barcelona), Lucía Villar (Ceuta), Mela Rodríguez (Galicia), Juan Carlos Garrido e Miriam Olga Cecilia (Servizo Nacional de Apoio eTwinning, España).
Enlace ao artigo publicado na web do SNA español.Ceremonia de Entrega de Premios Europeos eTwinning 2023. (Categorías Infantil y Primaria)
O proxecto eTwinning EnigMath, no que participou a profesora e embaixadora eTwinning Esther Pérez (IES de Beade, Vigo), ven de recibir o primeiro Premio Nacional eTwinning, na categoría de 16-19 anos, en Grecia, país do outro centro participante no proxecto, o Model Upper Secondary School of Agioi Anargyroi , de Atenas.
Logo do proxecto |
Como produto final, elaborouse unha presentación que recopilaba, en inglés, galego e grego, todos os retos propostos.
Houbo premios, enviados dende un centro ao outro, para os gañadores das distintas fases.
O pasado 25 de outubro Carmen María Fernández Rodríguez da Embaixada galega eTwinning participou no webinar “Horizontes eTwinning para EEOOII” no grupo do Este evento estivo organizado polo Servicio Nacional eTwinnig e contou con Griselda Paltor coma organizadora. A nosa Embaixadora centrouse nos beneficios de eTwinning para os centros, o alumnado e o profesorado.
A Facultade de Formación do Profesorado celebra o luns 16 "Forinnova Lite"; unha xornada romovida desde o centro universitario lugués xunto cos grupos de investigación MESTURA e GEFIL da USC, para mellorar e ampliar competencias a través do coñecemento dos proxectos socioeducativos Twinning baseados en metodoloxías activas, inclusivas e colaborativas.
A Embaixada galega eTwinning tivo un papel destacado no evento con varios membros que asistiron e presentaron as súas experiencias na Xornada.
Asimesmo houbo un panel de expertos e diversas presentacións de boas prácticas docentes con profesorado español e portugués de diferentes niveis educativos, así como un obradoiro para o deseño de proxectos colaborativos internacionais eTwinning.
Link na prensa: