Actualmente, en Galicia son:
Mela Rodríguez Montegrifo
Profesora de Primaria EDIXGAL, Inglés e Plástica CLIL
CEIP Plurilingüe Froebel
Pontevedra

Profesora de P. T. no IES Poeta Díaz Castro.
Profesora Asociada na USC. Depto. Pedagoxía e Didáctica.
Guitiriz
Aarón Bernárdez Pérez
Profesor de Audición e Linguaxe
CEIP Filomena Dato
A Valenzá, Barbadás, Ourense
Carmen Fernández Vázquez
Profesora de Latín, Coordinadora Erasmus+ KA229
IES de Poio
Poio
Marcos Vence Ruibal
Profesor de FP Informática, CLIL portugués, KA102 e KA103.
IES San Clemente
Santiago de Compostela
Patricia Conde Pardo
Profesora de Inglés.
Escola Oficial de Idiomas
Ourense
E foron:
Ana Arias Castro
Profesora de Inglés e CLIL
CPI Tino Grandío
Guntín
Xaneiro de 2013 a maio de 2014
Cristina París Brandariz
Profesora de FP Informática, Erasmus+ KA102 e KA103
IES San Clemente
Santiago de Compostela
Decembro de 2014 a setembro de 2018
Se tes interese en dar visibilidade ao teu proxecto, ou en recibir asesoramento (a distancia, charlas, exposicións, seminarios, grupos de traballo, etc.) podes contactar connosco en embaixada.etwinning@edu.xunta.gal
A liña de actuación da embaixada galega é a seguinte:
- Publicación de artigos no blogue relacionados con proxectos de docentes galegos.
- Participación nas redes sociais Facebook, Google+ e Redeiras.
- Acción formativa en centros de ensino e universidade.
- Creación de publicacións sobre temas novos en eTwinning.
- Docencia en grupos de traballo e seminarios permanentes.
- Plan de mellora de equipamentos TIC para centros novos eTwinning.
- Acción a prol do recoñecemento como innovación educativa dos proxectos con Selo de Calidade.
- Soporte a etwinneiros e etwinneiras.
As iniciativas dos embaixadores eTwinning en Galicia non forman parte dos seus traballos, senón do tempo de lecer.
Desde outubro de 2017 desenvólvense en coordinación co equipo de Formación, innovación e internacionalización do CAFI, con Victoria Penide López como representante do SNA.
Desde outubro de 2017 desenvólvense en coordinación co equipo de Formación, innovación e internacionalización do CAFI, con Victoria Penide López como representante do SNA.
A institución que proporciona soporte loxístico e económico á Embaixada é o IES San Clemente de Santiago de Compostela.