En España, a rede estase xerando actualmente e depende das necesidades de cada Comunidade Autónoma, que é quen decide se terá embaixadores e quen serán.
Funcións
- Colaborar coas autoridades autonómicas e co SNA en actividades de formación do profesorado (relatorios en cursos, visitas a escolas, encontros bilaterais e multilaterais) relacionadas con eTwinning.
- Difundir a acción eTwinning.
- Intercambiar con outros embaixadores da súa propia rede e outras redes autonómicas as súas experiencias como embaixador e achegar suxestións sobre posibles actuacións .
- Participar na rede europea de embaixadores.
- Informar anualmente ao coordinador autonómico e ao SNA das súas actividades como embaixador e propor actuacións de mellora.
- Enviar novas á prensa local sobre eventos eTwinning (proxectos premiados, xornadas, visitas a centros, etc.).
- Enviar noticias aos portais educativos das CCAA para a súa posible publicación.