Os días 30 de novembro e 1 de decembro tivo lugar en Madrid o primeiro Encontro de Embaixadores eTwinning.
Durante a reunión, os 37 participantes das Comunidades e Cidades Autónomas coñeceron os distintos labores de difusión que se están levando a cabo e participaron nos distintos talleres.
Tanto o blog da embaixada en Galicia, como as sesións formativas que se foron levando a cabo e as publicacións xa terminadas ou en curso, foron presentados aos participantes que valoraron moi positivamente estas iniciativas galegas.
Carlos Medina inaugurou o Encontro e comentou o labor levado a cabo polo SNA. Diego Rojas levou a cabo unha presentación centrada nas novidades do Twinspace.
Pedro Miguel Fernández, embaixador eTwinning da Comunidade de Madrid, presentou ferramentas colaborativas: Hangout de Google, Spreaker Web Radio e Wix.
Durante a mañá do sábado os embaixadores presentaron diferentes actividades levadas a cabo nas súas distintas Comunidades e Cidades Autónomas.
Estas son algunhas das propostas de conclusións dos participantes no Encontro:
- Que a participación do profesorado en proxectos eTwinning que obteñan Selo de Calidade Nacional sexa recoñecida polas distintas administracións educativas como actividade de innovación educativa.
- Que os distintos Centros de Formación do Profesorado organicen cursos sobre o programa eTwinning.
- Que os embaixadores e os profesores con proxectos Ttwinning teñan algún tipo de redución horaria para dedicarse a labores de coordinación, especialmente se hai varios profesores nun centro involucrados nun proxecto eTwinning.
- Que os embaixadores deben ser os que dean os cursos, organizados polos diferentes Centros de Profesores sobre o programa eTwinning en todas as Comunidades Autónomas.
- Que as Comunidades Autónomas deberían contar cos embaixadores para programar e impartir cursos para informar ao profesorado, inspectores e persoal das diferentes Consellerías de Educación.
- Que os proxectos eTwinning non só poden ser difundidos desde os Programas Europeos, tamén incumben ás TIC, a colaboración, etc. Por iso é importante que as CCAA os integren como parte dos seus plans de mellora e calidade e os presenten a diversos departamentos, ademais de á Inspección Educativa.
- Que os embaixadores estean ao tanto dos proxectos realizados na súa comunidade autónoma e dean a coñecer os mellores como exemplos de boas prácticas.
Outra das conclusión é a necesidade de contar cun plan de actuación para dar visibilidade ás distintas accións nas diferentes comunidades e para traballar conxuntamente todos os embaixadores.
Nos enlaces seguintes están algunhas das presentacións levadas a cabo polos embaixadores:
Magdalena Pastor, Murcia
Alicia López, Valencia
Yolanda Egea, Andalucía
Camilo Rodríguez, Extremadura
Sergio González, Ceuta
Artigo do SNA español