Entre os proxectos destacados, o SNA, elixe un proxecto por mes, que sinala de calidade entre os que están activos.
Para o mes de novembro, o proxecto elixido é "La historia de mi casa" desenvolvido polo CEIP San Xoán de Becerreá (Lugo), dúas escolas portuguesas (Agrupamento de Escolas nº 3 de Elvas e Escola Básica Francisco Ornelas de Ilha Terceira) e unha cuarta turca (Zazilli Özel).
O proxecto traballa os materiais de construción, as formas arquitectónicas en función do clima, as vilas e a súa organización e, especialmente, a poboación e as súas fluctuacións ao longo de tres xeneracións nas casas dos alumnos participantes.
Foi desenvolvido desde decembro de 2013 con alumnado de necesidades específicas de apoio educativo.
Podes ver a nova no Blogue do SNA.
Máis información: Premio nacional en Portugal