Susana Fontán, do Colexio Internacional SEK-Atlántico de Poio, vén de recibir o Selo de Calidade Europeo por este proxecto, que levaron a cabo durante dous cursos con alumnos de 3º e 5º de
Educación Primaria. A través das súas actividades traballáronse
todos os obxectivos de expresión oral e escrita de Lingua Castelá e
Lingua Galega, ademais de servirnos como ferramenta para traballar
dun xeito diferente, e sobre todo atractivo para os alumnos, a
diferenciación dentro da aula e a utilizacións das TIC no día a
día dos rapaces e rapazas.
Traballamos cun centro italiano, un de Murcia (con nenos de Educación Infantil) e con varios centros españois no estranxeiro dependentes do CIDEAD.
O
proxecto dividiuse en 6 bloques (un por trimestre): o corpo humano, a
historia, o medio ambiente, a comida, os animais e ciencia ficción.
En cada bloque se versionaba un conto clásico ou lenda, arredor do
cal se incluían diferentes actividades coas que intentamos facer
partícipes do noso traballo á toda a comunidade escolar. Así no
corpo humano os protagonistas do Mago de Oz chegan a Galicia e viaxan
por toda España ata Murcia; na historia traballamos lendas do Camiño
de Santiago; na comida una Brancaneves moi moderna quédase no paro e
abre unha tenda de comidas típicas galegas acompañada por sete
amigos moi especiais que viaxan por toda Europa buscando novas
receitas; no medo ambiente temos unha bela dormente que queda durmida
pola agulla dunha redeira, coa que coñeceremos a flora das zonas de
costa (Cambados) e interior (Ribeira Sacra); nos animais catro
representantes da fauna galega parten de catro mosteiros (Samos, San
Estevo de Ribas de Sil, a Armenteira e Sada) e chegan a Santiago,
onde coñecen o Mestre Mateo). En ciencia ficción crearon as súas
propias películas en 3D con personaxes que nos presentan a vida en
Galicia…
Ademais
dos contos, cada bloque se completou con actividades diversas:
rodamos a nosa propia película contando a historia de Pontevedra;
tivemos un concurso de fotografía sobre a natureza con tres
categorías: alumnos, profesores e familiares; fixemos un libro
dixital con receitas galegas e españolas; visitamos un pazo galego
guiados por César Portela; un investigador do CSIC nos deu unha
charla… Actividades nas que participou toda a comunidade do
colexio.
Todo
isto con ferramentas TIC: muvizu, word, power point, prezi, programas
para montar películas, visita a un estudo de gravación para darlle
voz ós nosos heroes en 3D, aprender a tratar dixitalmente
fotografías, chat, videoconferencias… un mundo novo e diferente
para aprender unha lingua.
Con
este proxecto alcanzamos e superamos todos os obxectivos propostos,
ademais de lograr que 73 nenos se divertisen aprendendo.
Invitámosvos
a visitar a páxina do proxecto na plataforma e no noso blogue de clase, esperamos que vos guste.