O pasado domingo 28 de decembro, a
profesora Edelmira
Riero xunto co seu alumnado do CPR
ALCA levou a cabo unha actividade que forma parte do proxecto
eTwinning “¿Quién
es?”.
As alumnas ían vestidas de azul e
amarelo, as cores de eTwinning. Ademais, dúas delas ían vestidas
coas bandeiras galega e francesa, representando aos países socios do
proxecto.
A actividade consistiu na gravación
duns vídeos na Catedral de Santiago de Compostela e nas prazas que a
rodean. As alumnas ían presentando os lugares polos que pasaban,
engadindo unha breve referencia histórica de cada un.
O obxectivo da actividade é dar a
coñecer a historia de Santiago de Compostela e presentar a cidade ao
outro colexio socio do proxecto.
A profesora Edelmira Riero presentou o
proxecto á embaixada e invitouna a estar presente durante a
actividade, á cal asistiu a embaixadora Cristina París.
A continuación pódense ver unhas imaxes da xornada e tamén o resultado final cos vídeos realizados.
A continuación pódense ver unhas imaxes da xornada e tamén o resultado final cos vídeos realizados.