O sábado 13 de decembro a embaixadora galega Carmen Fernández, levou a cabo na sede do CFR de Vigo as dúas primeiras horas de docencia do grupo de traballo constituido por seis profesores da Escola Oficial de Idiomas de Vigo das asignaturas de Inglés e Francés coa coordinación da profesora Patricia Conde.
Contamos coa presenza da asesora do Centro de Formación de profesorado Conchi Pazos. que participou activamente na sesión.

.jpg)
O grupo conta xa co deseño dun proxecto moi ben artellado e está na procura de socios.
Deste xeito, as dúas horas seguintes de formación servirán para facer un seguemento do seu novo proxecto e para resolver as dúbidas e atrancos que poidan ir xurdindo.
Desexámoslles moita sorte na súa andaina en eTwinning e agardamos publicar nuns meses un artigo sobre o seu proxecto Let´s Celebrate neste blogue.
Queremos agradecer a Conchi Pazos a súa amabilidade e cooperación ao poñer á nosa disposición dúas aulas de traballo no CFR de Vigo.