Dende o xoves 27 ao sábado 29 de Novembro tivo lugar en Roma a Conferencia Anual e-Twinning que este ano 2014 tivo como lema "Por unha educación aberta: innovación no ensino e na aprendizaxe.
A conferencia desenvolveuse seguindo este programa e os distintos eventos foron recollidos no blogue
Asistiron uns 500 profesores entre os que se encontraban os españois que tiñan levado Premio Nacional polos seus proxectos no 2014.
Dúas profesoras participaron como ponentes en dous talleres do venres: a catalana Maribel Vila presentando Europia e a galega Carmen Fernández presentando Cinetura.
Podes ler un resumo da Conferencia na páxina do Servizo Nacional