O pasado mércores 3 de decembro, a embaixadora Mela Rguez asistiu a un webinar da embaixadora europea Elena Pezzi, moderado por Anette Westerop membro do Servicio Nacional de Apoio, como parte das accións programadas para o Proxecto EUROTEACHERS TEAM UP.
Este Proxecto conta coa colaboración de embaixador@s de distintos países europeos que levarán a cabo webinars e talleres online para compartir recursos e asesorar ao profesorado do INSTITUT JAUME CALLIS.
Os fundadores do Proxecto son a embaixadora catalana Marta Pey e Alessandra Pallavicini socia do embaixador Marcos Vence en moitos proxectos.
Como parte do webinar que recolle a presentación que podedes visitar no enlace atopamos a grata sorpresa de ter escollido como exemplo de Boas prácticas o proxecto "Pek the Traveller Flea" tantas veces galardoado con selos de calidade, premio nacional e premio europeo, que ten como socio fundador o noso superembaixador Marcos, no que participou Alessandra e moitos outros docentes europeos.
Nesta presentación podedes atopar moitos exemplos de Proxectos nas Área de Ciencias e Matemáticas e en Xaneiro temos programado outro webinar co embaixador Florenci Sales do que vos manteremos informad@s.