24 junho 2016

Premio Nacional eTwinning 2016 na TVG

No programa "A Revista" da TVG do día 24 de xuño de 2016 sae unha reportaxe feita no CPR ALCA onde contan a súa experiencia traballando nun proxecto eTwinning galardoado co Premio Nacional en 2016.

A reportaxe está accesible dende a seguinte ligazón: http://www.crtvg.es/informativos/un-centro-escolar-galego-premio-nacional-etwinning-2161882

Máis información sobre este proxecto http://embaixadaetwinning.blogspot.com/2016/05/quien-es-premio-nacional-etwinning-2016.html

Learning is fun with comedy

Alumnos de 3º da ESO do Colexio Alca (Ames) xunto cas súas compañeiras londinenses do centro City of London School for Girls coescriben e representan unha comedia.

Neste proxecto participan os profesores: Arron Spall, Maite Brea e Edelmira Riero.

O contido está recollido na  seguinte website:

Around the world with Maths


Os alumnos de 1º e 2º da ESO do Colexio Alca xunto cos seus compañeiros da República Checa, Turquía, Eslovaquia e Croacia, comparten e resolven problemas matemáticos enclavados en contextos xeográficos e históricos. 

Nestas tarefas faltan datos e os nenos terán que identificalos e buscalos on line. 

Ademáis de resolver os problemas, tamén deben contextualizalos xeográfica, histórica e artisticamente.

O idioma empregado é o inglés.

Estes exercicios están publicados nun mapa mundi interactivo.

A profesora Edelmira Riero coordina o proxecto dende España.

Todo o contido esta recollido na web:




23 junho 2016

NOVO SELO DE CALIDADE

A profesora Ana Santos do I.E.S Valle Inclán de Pontevedra, acaba de acadar un novo selo de calidade polo Proxecto Euroacro do que podedes visitar o seu twinspace público no que de forma clara e detallada rexistran a actividade desenvolvida no Proxecto.
Próximamente farán entrega ao alumnado participante no Proxecto dos seus diplomas acreditativos xunto coa entrega de notas no centro escolar.
Noraboa!!!!!

21 junho 2016

Iníciate en eTwinning!


Publicado o artigo Plans de formación permanente do profesorado, queremos convidarvos a formar un Grupo de Traballo para iniciarvos en eTwinning, no próximo ano escolar 2016/2017: 


eTwinning tamén é un complemento para grupos de traballo sobre aprendizaxe por proxectos, aprendizaxe cooperativa utilizando TICs e proxectos Erasmus+.

​Ademais, se estades pensando en participar no Plan Proxecta, valorade a posibilidade de participar xunto con outros centros europeos por medio de eTwinning.

Sexa cal for a vosa necesidade, podedes contar co acompañamento da Embaixada eTwinning Galicia para os proxectos do voso grupo de traballo (non nos limitamos á docencia presencial).

​Se tedes calquera dúbida, podedes consultala connosco: embaixada.etwinning@gmail.com

20 junho 2016

▬ Tourism for teenagers


Durante os cursos 2014-2015 e 2015-2016 o IES de Poio xunto cos seus socios en Italia, Grecia, Polonia e a República Checa estamos a desenvolver un proxecto KA2 dentro dos programas Erasmus + e e-Twinning.



O proxecto Tourism for teenagers tenta promover a aprendizaxe activa de linguas e a mellora das competencias dixitais. 

Durante estes dous cursos o alumnado elaborou, entre outros produtos, unha guía de turismo xove , un google maps, , unha guía de conversa, , posters, postais, etc.

Traballamos na avaliación do proxecto e na súa difusión.

O twinspace do proxecto e-Twinning servíu como punto de encontro do alumnado que participou nos foros e escribíuen padlets colaborativos onde daban conta do que aprendían co proxecto : o impacto nas súas vidas, o atractivo turístico dos lugares nos que traballabamos, o que levaban aprendido co proxecto, o se aprendizaxe nas linguas dos socios.

Asimesmo, participaban nos foros recollendo as súas mellores lembranzas sobre as mobilidades, quedando recollidas algunhas en ebooks.

Durante estes dous anos, levamos a cabo cinco mobilidades: Poio, Kalamata, Radom, Pribram e Roma.

No IES de Poio o proxecto foi coordinado polo departamento de Latín e Grego e participaron os departamentos de Economía, Matemáticas,Tecnoloxía, Orientación, Música, Educación Física, Inglés, o Equipo de Normalización Lingüística.

08 junho 2016

▬ Two Island Inspire

Estreáronse catro novos eTwinners galegos con este proxecto, tres do CEIP de Sestelo-Baión (Esperanza DovalJosé Manuel Rodeiro e David Paz) e un do IES San Clemente (Bruno Vila), que coa colaboración externa de Charo Bañobre do IES da Illa de Arousa, investigaron, publicaron e crearon materiais relacionados coa illas Chrysí e Arousa.


O proxecto fai parte do Plan Proxecta Paisaxe e Sustentabilidade do IES San Clemente e do proxecto internacional exposicións enREDadas. Tamén tiveron o seu papel os EDLG dos centros e os participantes de Voz Natura da Arousa.

Os fundadores, Marcos Vence e a súa socia grega María Sourgiadáki, con experiencia previa en eTwinning, dirixiron as diferentes tarefas e coordinaron as comunicacións entre o alumnado. Destacan:
  • A investigación sobre xeografía, historia, flora, fauna, turismo, etc das dúas illas e posta en común dos resultados no TwinSpace.
  • O diálogo entre o alumnado, en inglés, preguntando información sobre a illa do outro país. O módulo de FP Informática de Bruno Vila é impartido na modalidade de sección bilingüe en inglés.
  • O deseño de xardíns reais e imaxinarios grazas ao traballo conxunto do alumnado de Ierápetra e Arousa.