08 junho 2016

▬ Two Island Inspire

Estreáronse catro novos eTwinners galegos con este proxecto, tres do CEIP de Sestelo-Baión (Esperanza DovalJosé Manuel Rodeiro e David Paz) e un do IES San Clemente (Bruno Vila), que coa colaboración externa de Charo Bañobre do IES da Illa de Arousa, investigaron, publicaron e crearon materiais relacionados coa illas Chrysí e Arousa.


O proxecto fai parte do Plan Proxecta Paisaxe e Sustentabilidade do IES San Clemente e do proxecto internacional exposicións enREDadas. Tamén tiveron o seu papel os EDLG dos centros e os participantes de Voz Natura da Arousa.

Os fundadores, Marcos Vence e a súa socia grega María Sourgiadáki, con experiencia previa en eTwinning, dirixiron as diferentes tarefas e coordinaron as comunicacións entre o alumnado. Destacan:
  • A investigación sobre xeografía, historia, flora, fauna, turismo, etc das dúas illas e posta en común dos resultados no TwinSpace.
  • O diálogo entre o alumnado, en inglés, preguntando información sobre a illa do outro país. O módulo de FP Informática de Bruno Vila é impartido na modalidade de sección bilingüe en inglés.
  • O deseño de xardíns reais e imaxinarios grazas ao traballo conxunto do alumnado de Ierápetra e Arousa.