Tras catro anos de traballo, lanzamos a versión en galego do libro "Proxetos eTwinning Galiza-Portugal", con 18 ideas para proxectos a desenvolver entre centros educativos galegos e portugueses, elaboradas por 24 docentes de ambas as beiras do Miño.
A publicación foi financiada polo EDLG do IES San Clemente de Santiago de Compostela.
Descarga do libro e máis información
29 novembro 2016
26 novembro 2016
Xornadas Erasmus +
O 26 de Novembro tiveron lugar en Santiago as Xornadas Erasmus+.
Durante a mañá interviñeron:
As Xornadas remataron cunha mesa redonda moderada por Beatriz Tourón Torrado (SEPIE) na que interviron as persoas relatoras dos obradoiros
Durante a mañá interviñeron:
- Beatriz Tourón do SEPIE coa ponencia "Erasmus+: convocatoria 2017. A internacionalización dos centros educativos"
- Gonzalo Constenla da EOI de Santiago de Compostela coa ponencia "Programas europeos nun centro educativo: beneficios e oportunidades. Por que é interesante partcipar en programas europeos"
- Os Programas Europeos na Formación Profesional, ciclos formaivos de grao superior - Francisco Antonio Orge Lorenzo (CIFP Carlos Oroza - Pontevedra).
- Os Programas Europeos na Educación Escolar - Beatriz Alonso Pérez-Ávila e María Olga Varela Vázquez (IES Alfonso X o Sabio - Cambre).
- Os Programas Europeos na Educación de Adultos - Nancy Casielles Iglesias (EOI de Ourense).
- Os Programas Europeos na Formación Profesional, ciclos formativos de grao medio - Asunción González Cabaleiro (CIFP Valentín Paz Andrade - Vigo).
- Etwinning e Erasmus + - Mª Carmen Fernández Vázquez, embaixadora eTwinning (IES de Poio - Pontevedra) e Ángel Sebastian Junquera (CAFI)
As Xornadas remataron cunha mesa redonda moderada por Beatriz Tourón Torrado (SEPIE) na que interviron as persoas relatoras dos obradoiros
13 novembro 2016
V Encuentro de Embajadores eTwinning
O 10 e 11 de Novembro tivo lugar no INTEF en Madrid o V Encuentro de Embajadores eTwinning que contou coa participación de dous embaixadores galegos.
Este é o enlace ao programa
A Benvida estivo a cargo de Carlos Medina, Xefe do Servizo de Programas Europeos do INTEF.
A continuación, Mirian Olga Cecilia Martínez e Lourdes Gozalo, do SNA, presentaron a Rede de embaixadores eTwinning
- Organización, impacto e crecemento da rede de embaixadores europeos.
- Actividades de formación e difusión desenvolvidas polos embaixadores nacionais.
- Xornadas rexionais e colaboración cos representantes eTwinning nas CCAA.
- Blogs e portais eTwinning nas CCAA.
- Proxecto La casa de los embajadores.
Miguel Ángel Hernáiz, do Servizo de Formación en Rede do INTEF explicou a oferta formativa de Educa Lab:
- Cursos en liña
- MOOCs do INTEF
- NOOCs do INTEF
- Marco común de competencia dixital docente
- Insignia dixital
- SPOOCs
A presentación sobre Boas prácticas de formación de embaixadores estivo a cargo de Ana Isabel García e Pablo López (Principado de Asturias), Francisco José Balsera (Aragón) e Inmaculada Cerlero e Gustavo Mora ( Castilla-La Mancha).
O panel de embaixadores explicou diferentes iniciativas que están a ter lugar nas súas CCAA.
- eTwinning é unha ferramenta moi valiosa tanto nos KA1 (cursos estructurados, job shadowing ou docencia en mobilidades para profesorado) como en KA201 (proxectos de desenvolvemento e innovación) ou proxectos KA201 (de intercambio de boas prácticas entre centros escolares)
- eTwinning xoga un papel fundamental desde o momento inicial de procura de socios, durante o desenvolvemento e implementación do proxecto e na súa difusión, diseminación e sostenibilidade.
Olga Paniagua, do SNA presentou un Taller de competencia dixital.
Seguindo o Marco Común de Competencia Dixital Docente, artellou a súa ponencia nos apartados de
- Información
- Comunicación
- Creación de contidos
- Seguridade
- Resolución de problemas
Marta Pena falou sobre Cómo motivar aos docentes.
Durante uns minutos seguimos a charla de Rita Pierson en TED
As ventaxas do traballo por proxectos con eTwinning son evidentes
- Facilita un proceso de aprendizaxe continua
- Xenera interacción
- Presenta unha variedade de actividades
- Atende á diversidade
- Fai ao alumnado activo e independente
- Recoñece e valora o traballo dos docentes
- Insértase no curriculum
- Pódese traballar nunha lingua extranxeira ou na propia
- A tecnoloxóa pode ir do máis básico ao máis complexo
Diego Rojas, do SNA falou sobre A calidade nos proxectos eTwinning
- Resaltou que o principal é a eficiencia e eficacia do proxecto, medidas segundo criterios específicos de eTwinning.
- Comentou as Rúbricas de calidade de proxectos
- Fixo fincapé no importante que é ter en conta os criterios de calidade xa dende o deseño do proxecto e antes da súa posta en marcha.
O Selo de Calidade ten, entre outras, as ventaxas de:
- motivar a alumnado e profesorado
- dar visibilidade ao proxecto
- poder optar a Premio Nacional ou Europeo, segundo o Selo
- dar a posibilidade de mellora coa avaliación do proxecto por parte do SNA
Nunha derradeira sesión do Encontro, os embaixadores presentes, divididos en grupos, procederon a avaliar e redactar uns informes de avaliación sobre dous proxectos, facendo deste xeito unha práctica sobre Calidade de proxectos asesorados polos membros do SNA.
11 novembro 2016
"Por buen camino"
A profesora Ana Santos do I.E.S Valle Inclán de Pontevedra, participou no VI Encontro eTwinning de profesores en castelán xunto a 38 profesores das distintas comunidades autónomas e outros 38 docentes doutros países como Italia, Francia, Alemania, República Checa, Noruega ou Austria.
.
02 novembro 2016
▬ eFoodTour
No curso 2015-2016, dúas
profesoras do CIFP Manuel Antonio de Vigo (Marina Vicente e Patricia Conde) e cinco profesores máis en
Polonia, Italia e Suecia levaron a cabo xunto cos seus alumnos un
proxecto eTwinning sobre gastronomía e turismo gastronómico, que
ven de ser galardoado con Selos de Calidade en España,
Suecia e Italia e Selo de Calidade Europeo.
Cartel - Festas
gastronómicas
"Neste proxecto, que titulamos
eFoodTour
through Europe,
traballamos un total de 7 profesores de 5 centros distintos e 4
países europeos empregando o inglés o francés e o español como
linguas de comunicación. O proxecto permitiu a alumnos polacos,
italianos, suecos e españois compartir hábitos culinarios e
festividades gastronómicas de atractivo turístico nos distintos
países.
Todo o traballo e os materiais
creados no proxecto atópanse publicados nun blogue que vos animamos
a visitar: http://efoodtour.blogspot.com
eTwinning convertiu as clases de
linguas para os nosos alumnos do CIFP en clases moi activas. Os
alumnos do CIFP de Aloxamentos Turísticos e de Servizos en
Restauración levaron a cabo unha magnífica labor de investigación
e crearon documentos visuais sobre receitas típicas e festas
gastronómicas ben coñecidas que logo publicaron no blogue.
O proxecto axudou a crear vínculos
de traballo e amizade tanto dentro da aula como entre países, de
feito, algúns dos alumnos continúan en contacto con alumnos suecos
e italianos
O éxito do proxecto animounos a
continuar un ano máis nunha nova aventura eTwinning. Neste curso
2016-2017 traballaremos cos xornais e as noticias. Este é o noso
blogue: http://e-storynews.blogspot.com"
Subscrever:
Mensagens (Atom)