02 novembro 2016

▬ eFoodTour

No curso 2015-2016, dúas profesoras do CIFP Manuel Antonio de Vigo (Marina Vicente e Patricia Conde) e cinco profesores máis en Polonia, Italia e Suecia levaron a cabo xunto cos seus alumnos un proxecto eTwinning sobre gastronomía e turismo gastronómico, que ven de ser galardoado con Selos de Calidade en España, Suecia e Italia e Selo de Calidade Europeo.


Cartel - Festas gastronómicas

"Neste proxecto, que titulamos eFoodTour through Europe, traballamos un total de 7 profesores de 5 centros distintos e 4 países europeos empregando o inglés o francés e o español como linguas de comunicación. O proxecto permitiu a alumnos polacos, italianos, suecos e españois compartir hábitos culinarios e festividades gastronómicas de atractivo turístico nos distintos países.

Todo o traballo e os materiais creados no proxecto atópanse publicados nun blogue que vos animamos a visitar: http://efoodtour.blogspot.com

eTwinning convertiu as clases de linguas para os nosos alumnos do CIFP en clases moi activas. Os alumnos do CIFP de Aloxamentos Turísticos e de Servizos en Restauración levaron a cabo unha magnífica labor de investigación e crearon documentos visuais sobre receitas típicas e festas gastronómicas ben coñecidas que logo publicaron no blogue.

O proxecto axudou a crear vínculos de traballo e amizade tanto dentro da aula como entre países, de feito, algúns dos alumnos continúan en contacto con alumnos suecos e italianos

O éxito do proxecto animounos a continuar un ano máis nunha nova aventura eTwinning. Neste curso 2016-2017 traballaremos cos xornais e as noticias. Este é o noso blogue: http://e-storynews.blogspot.com"