O 10 e 11 de Novembro tivo lugar no INTEF en Madrid o V Encuentro de Embajadores eTwinning que contou coa participación de dous embaixadores galegos.
Este é o enlace ao programa
A Benvida estivo a cargo de Carlos Medina, Xefe do Servizo de Programas Europeos do INTEF.
A continuación, Mirian Olga Cecilia Martínez e Lourdes Gozalo, do SNA, presentaron a Rede de embaixadores eTwinning
- Organización, impacto e crecemento da rede de embaixadores europeos.
- Actividades de formación e difusión desenvolvidas polos embaixadores nacionais.
- Xornadas rexionais e colaboración cos representantes eTwinning nas CCAA.
- Blogs e portais eTwinning nas CCAA.
- Proxecto La casa de los embajadores.
Miguel Ángel Hernáiz, do Servizo de Formación en Rede do INTEF explicou a oferta formativa de Educa Lab:
- Cursos en liña
- MOOCs do INTEF
- NOOCs do INTEF
- Marco común de competencia dixital docente
- Insignia dixital
- SPOOCs
A presentación sobre Boas prácticas de formación de embaixadores estivo a cargo de Ana Isabel García e Pablo López (Principado de Asturias), Francisco José Balsera (Aragón) e Inmaculada Cerlero e Gustavo Mora ( Castilla-La Mancha).
O panel de embaixadores explicou diferentes iniciativas que están a ter lugar nas súas CCAA.
- eTwinning é unha ferramenta moi valiosa tanto nos KA1 (cursos estructurados, job shadowing ou docencia en mobilidades para profesorado) como en KA201 (proxectos de desenvolvemento e innovación) ou proxectos KA201 (de intercambio de boas prácticas entre centros escolares)
- eTwinning xoga un papel fundamental desde o momento inicial de procura de socios, durante o desenvolvemento e implementación do proxecto e na súa difusión, diseminación e sostenibilidade.
Olga Paniagua, do SNA presentou un Taller de competencia dixital.
Seguindo o Marco Común de Competencia Dixital Docente, artellou a súa ponencia nos apartados de
- Información
- Comunicación
- Creación de contidos
- Seguridade
- Resolución de problemas
Marta Pena falou sobre Cómo motivar aos docentes.
Durante uns minutos seguimos a charla de Rita Pierson en TED
As ventaxas do traballo por proxectos con eTwinning son evidentes
- Facilita un proceso de aprendizaxe continua
- Xenera interacción
- Presenta unha variedade de actividades
- Atende á diversidade
- Fai ao alumnado activo e independente
- Recoñece e valora o traballo dos docentes
- Insértase no curriculum
- Pódese traballar nunha lingua extranxeira ou na propia
- A tecnoloxóa pode ir do máis básico ao máis complexo
Diego Rojas, do SNA falou sobre A calidade nos proxectos eTwinning
- Resaltou que o principal é a eficiencia e eficacia do proxecto, medidas segundo criterios específicos de eTwinning.
- Comentou as Rúbricas de calidade de proxectos
- Fixo fincapé no importante que é ter en conta os criterios de calidade xa dende o deseño do proxecto e antes da súa posta en marcha.
O Selo de Calidade ten, entre outras, as ventaxas de:
- motivar a alumnado e profesorado
- dar visibilidade ao proxecto
- poder optar a Premio Nacional ou Europeo, segundo o Selo
- dar a posibilidade de mellora coa avaliación do proxecto por parte do SNA
Nunha derradeira sesión do Encontro, os embaixadores presentes, divididos en grupos, procederon a avaliar e redactar uns informes de avaliación sobre dous proxectos, facendo deste xeito unha práctica sobre Calidade de proxectos asesorados polos membros do SNA.