30 outubro 2022

ABP con eTwinning

A formación permanente do profesorado, a través do CAFI e os CFR, deu este ano un novo pulo a eTwinning, creando un curso presencial chamado ABP con eTwinning.

Este curso, de 12 horas, está distribuído en tres bloques:

  • Aprendizaxe Baseado en Proxectos
  • eTwinning como escenario para traballar por proxectos (de aula, de centro)
  • Boas prácticas en eTwinning.
A Embaixada eTwinning é a encargada de levar a cabo as dúas primeiras sesións, deixando a terceira en mans de eTwinners galegos de diferentes etapas que teñen proxectos con Selos de Calidade. 
Os cursos e a súa descrición serán como seguen:

CFR LUGO: A celebrar os días 19, 26 de outubro e 2 de novembro. As relatoras, Susana Vázquez (embaixadora eTwinning) e Yolanda Barallobre, para as dúas primeiras sesións, a terceira e cuarta sesións contarán con Eva Fernández, Susana Sabarís, Carlos Castro, Susana Simó, Marcos Arias, Pilar Pérez e Ana Fernández.




CFR FERROL: A celebrar os días 14, 21 e 28 de novembro. As relatoras, Susana Vázquez (embaixadora eTwinning) e Yolanda Barallobre, para as dúas primeiras sesións, a terceira e cuarta sesións contarán con Eva Fernández, Susana Sabarís, Carlos Castro, Susana Simó, Marcos Arias, Pilar Pérez e Ana Fernández.

CFR A CORUÑA: A celebrar os días 12, 19 e 26 de xaneiro. As relatoras, Susana Vázquez (embaixadora eTwinning) e Yolanda Barallobre, para as dúas primeiras sesións, a terceira e cuarta sesións contarán con Eva Fernández, Susana Sabarís, Carlos Castro, Susana Simó, Marcos Arias, Pilar Pérez e Ana Fernández.


CFR OURENSE: Aínda sen data pechada, contará coa embaixadora Patricia Conde.

CAFI: A celebrar os días 1,8 e 15 de febrero, contará coa embaixadora Mela Rodríguez .Cada sesión será compartida con exemplos de boas prácticas a cargo de Pilar Pérez e Ana Fernández, Marcos Arias. 



Reunión da Embaixada eTwinning na Consellería de Educación

O pasado 26 de outubro, o equipo que compón a Embaixada eTwinning en Galicia foi recibido na Consellería de Educación polas asesoras Luz Ares Fandiño e Patricia Ares Yáñez para, como vén sendo habitual, organizar as tarefas do curso actual.

Na xuntanza, demos a benvida oficial ás novas embaixadoras, Esther Pérez e Carmen M. Fernández. Houbo un momento para recordar e agradecer o labor ao fronte da Embaixada de Marcos Vence, Carmen Fernández e Aarón Bernárdez.

A xuntanza percorreu a nova plataforma eTwinning, aloxada no novo espazo europeo, cos seus logros e, aínda, as súas incertidumes. Segue avanzando o acceso e a migración de contidos.

Tamén se acordaron as participacións na formación que se nos atribúe e que, neste momento do curso son as que seguen:

Plan Proxecta: Educación Patrimonial a través de eTwinning. (desde o primeiro trimestre, Plan Proxecta, aula CAFI)

Iníciate na ESEP e eTwinning (segundo trimestre, a través de Platega)

Perfeccionamento en eTwinning (terceiro trimestre, a través de Platega)

Aprendizaxe baseada en proxectos a través de eTwinning, con sesións en Lugo, Ferrol, A Coruña, Ourense e Santiago. (xa se está a desenvolver durante o primeiro e segundo trimestres, CFR, presenciais)

Por suposto, serán atendidas aqueloutras nas que nos convoquen para PFPP ou cursos diversos.

Igualmente, estaremos presentes nas Xornadas de novembro Internacionaliza a túa escola, que se celebrarán de xeito presencial en Santiago, como cada ano.

Un momento de encontro que nos deixou un sorriso que compartimos con todos vós.




17 outubro 2022

IX Encontro da rede española de embaixadores eTwinning en Madrid

 O 14 e 15 de outubro tivo lugar en Madrid o IX Encontro de Embaixadores eTwinning de España. Como representante galega, asisitiu a embaixadora Esther Pérez. 

Tras os anos de pandemia, había moitas ganas de atoparse, intercambiar experiencias e, por suposto, falar da problemática da nova plataforma eTwinning.

Coma sempre, ademais das charlas dende o Servicio Nacional, que versaron sobre a nova plataforma e a integración do Plan Dixital dos centros e a súa relación con eTwinning, houbo ponencias onde algúns compañeiros falaron das súas experiencias e proxectos. Por exemplo, as pequenas asociacións estratéxicas do novo programa Erasmus, a elaboración dun curso certificado e avalado pola SNA, dentro da plataforma eTwinning, ou a mellor maneira de prantexar o aprendizaxe mixto ou "blended" nas nosas aulas. Dúas embaixadoras invitadas, de Portugal e Polonia, faláronnos de como funciona a rede de embaixadores nos seus países.

Tamén se fixeron obradoiros en pequenos grupos para reflexionar sobre a nosa función de embaixadores, centrada en tres exemplos diferentes: a estructura dunha boa formación cara os nosos compañeiros, a aplicación da aprendizaxe-servicio en eTwinning e a relación interna dos membros da comunidade embaixadora dun país.

A continuación, vos deixamos unha pequena mostra fotográfica do evento.

A asistente galega ao encontro, Esther Pérez


Compañeiros embaixadores das distintas Comunidades Autónomas


"A casa dos embaixadores", co que esperamos dela escrito nos posits


Foto de familia do IX Encontro de Embaixadores eTwinning