O pasado 26 de outubro, o equipo que compón a Embaixada eTwinning en Galicia foi recibido na Consellería de Educación polas asesoras Luz Ares Fandiño e Patricia Ares Yáñez para, como vén sendo habitual, organizar as tarefas do curso actual.
Na xuntanza, demos a benvida oficial ás novas embaixadoras, Esther Pérez e Carmen M. Fernández. Houbo un momento para recordar e agradecer o labor ao fronte da Embaixada de Marcos Vence, Carmen Fernández e Aarón Bernárdez.
A xuntanza percorreu a nova plataforma eTwinning, aloxada no novo espazo europeo, cos seus logros e, aínda, as súas incertidumes. Segue avanzando o acceso e a migración de contidos.
Tamén se acordaron as participacións na formación que se nos atribúe e que, neste momento do curso son as que seguen:
Plan Proxecta: Educación Patrimonial a través de eTwinning. (desde o primeiro trimestre, Plan Proxecta, aula CAFI)
Iníciate na ESEP e eTwinning (segundo trimestre, a través de Platega)
Perfeccionamento en eTwinning (terceiro trimestre, a través de Platega)
Aprendizaxe baseada en proxectos a través de eTwinning, con sesións en Lugo, Ferrol, A Coruña, Ourense e Santiago. (xa se está a desenvolver durante o primeiro e segundo trimestres, CFR, presenciais)
Por suposto, serán atendidas aqueloutras nas que nos convoquen para PFPP ou cursos diversos.
Igualmente, estaremos presentes nas Xornadas de novembro Internacionaliza a túa escola, que se celebrarán de xeito presencial en Santiago, como cada ano.
Un momento de encontro que nos deixou un sorriso que compartimos con todos vós.