O 14 e 15 de outubro tivo lugar en Madrid o IX Encontro de Embaixadores eTwinning de España. Como representante galega, asisitiu a embaixadora Esther Pérez.
Tras os anos de pandemia, había moitas ganas de atoparse, intercambiar experiencias e, por suposto, falar da problemática da nova plataforma eTwinning.
Coma sempre, ademais das charlas dende o Servicio Nacional, que versaron sobre a nova plataforma e a integración do Plan Dixital dos centros e a súa relación con eTwinning, houbo ponencias onde algúns compañeiros falaron das súas experiencias e proxectos. Por exemplo, as pequenas asociacións estratéxicas do novo programa Erasmus, a elaboración dun curso certificado e avalado pola SNA, dentro da plataforma eTwinning, ou a mellor maneira de prantexar o aprendizaxe mixto ou "blended" nas nosas aulas. Dúas embaixadoras invitadas, de Portugal e Polonia, faláronnos de como funciona a rede de embaixadores nos seus países.
Tamén se fixeron obradoiros en pequenos grupos para reflexionar sobre a nosa función de embaixadores, centrada en tres exemplos diferentes: a estructura dunha boa formación cara os nosos compañeiros, a aplicación da aprendizaxe-servicio en eTwinning e a relación interna dos membros da comunidade embaixadora dun país.
A continuación, vos deixamos unha pequena mostra fotográfica do evento.
A asistente galega ao encontro, Esther Pérez |
Compañeiros embaixadores das distintas Comunidades Autónomas |
"A casa dos embaixadores", co que esperamos dela escrito nos posits |
Foto de familia do IX Encontro de Embaixadores eTwinning |