24 novembro 2013

Encontro "Sumando voces"

Dúas profesoras galegas asistiron ao encontro Sumando voces en Madrid. Esto é o que nos contan:

Durante os días 13/14/15 do presente mes, dúas profesoras galegas: Ana Belén López do IES San Rosendo (Mondoñedo,Lugo) e Anxos Rial do IES de Poio (Poio, Pontevedra) tivemos a oportunidade de participar en Madrid nun encontro de profesores etwinning de varios países europeos ( Suíza, Francia, UK, República Checa, Italia, Suecia e España). Desde o primeiro encontro empezamos xa a nos relacionar, a coñecernos e na primeira ponencia xa eramos cinco profesores; estes contactos foron increméntandose durante os tres días, xa por propia iniciativa do profesorado ou grazas á posta en práctica dos obradoiros; durante os almorzos, os xantares... o intercambio de experiencias foi constante, curiosidade, preguntas, comentarios, sorrisos nun ambiente moi receptivo e do máis cordial.
“Experimentados” etwinners man a man con “novatos” etwinners, innovando, compartindo e colaborando; os nosos anfitrións do SNA español acompañábannos e  animábannos, cociñamos xuntos “un fermoso proxecto”, asociámonos, noivos e noivas e o sábado pola mañá expuxemos os nosos proxectos: de Inglaterra a Galicia, de Aragon para Italia, de Galicia para Francia... o amor literario, a física, as linguas clásicas, as linguas modernas, a diversidade e mil temas máis variados, ricos, divertidos.O encontro resultou intenso e moi enriquecedor,  superados os primeiros momentos das presentacións todos puidemos comprobar que grazas a unha lingua común podiamos comunicarnos con moita fluidez. Sorprendeunos agradablemente a estrutura das actividades en plenarias e talleres, a información e a práctica, o que facilitou a aprendizaxe e a receptividade por parte dos asistentes.O reparto aleatorio dos participantes nos talleres e na Gymkana facilitou que os mesmos interactuaran con moita fluídez, propiciando o intercambio de experiencias e o coñecemento entre eles, de aí a cantidade de “noivos e noivas” que se reuniron para crear novos proxectos.Entre todas as ponencias destacou a posta en escea da plenaria 'Cómo cocinar un delicioso proyecto eTwinning' teatralizada por Annette Westerop y Rosario Ortega Pérez, miembros del SNA eTwinning, demostrando que a transmisión dos contidos  pode ser orixinal, amena e divertida.A valoración que facemos pois do encontro é xa que logo moi positiva pola formación do docente cara a apertura de novos proxectos e porque propiciou a nosa posta en contacto con profesorado europeo: “vernos as caras” e “comunicarnos en directo” .                                                                                                                                                                                      Artigo do SNA

Etwining dende a miña cámara

Ana Vaqueiro, profesora do Conservatorio Profesional de Música de Vigo preparou este vídeo para promocionar eTwinning.


13 novembro 2013

▬ Matemáticas para viaxar ás cidades (in)visibles

Mª del Carmen Buitrón, profesora no CPI Viaño Pequeno, preséntanos este proxecto desenvolvido cunha escola da República Checa:


O proxecto Matemáticas para viaxar ás cidades (in)visibles ofrece aos alumnos un escenario multimedia para que descubran a través da exploración dunha cidade, as múltiples ópticas desde as cales esta pode ser analizada: matemática, artística, literaria, social, emocional... conectando de xeito directo cos aspectos de adquisición de competencias.


Ler máis...


10 novembro 2013

Global Education Conference 2013

Do 18 ao 23 de novembro celebrarase a "Global Education Conference 2013". Trátase dun evento internacional gratuíto de temática variada dentro do mundo educativo. Para participar hai que visitar a páxina oficial, e inscribirse non supón unirte a todas as sesións, senón ás que sexan do teu interese.



01 novembro 2013

Solicitude do Premio Nacional

Ata o día 6 de novembro podes solicitar a candidatura do teu proxecto eTwinning aos Premios Nacionais eTwinning.

Este enlace ao SNA ten toda a información que precisas.

Selos de Calidade Europeos

Acaba de publicarse a listaxe cos profesores que foron premiados co Selo de Calidade Europeo polos seus proxectos eTwinning.

Acceso á listaxe

Os proxectos galegos que foron premiados son:

Mª del Carmen Buitrón Pérez -CPI Viaño Pequeno, Viaño Pequeno, España -Matemáticas para viajar a las ciudades (in)visibles

 

Gonzalo Garcia Fernandez-Colegio Internacional SEK-Atlántico, Poio, España -iTEC Meets eTwinning - Imagine Brainstorm Design - Future Classrooms

 

Marcos Vence Ruibal -IES San Clemente - Compostela, Santiago de Compostela, España -FCT Santiago de Compostela – Lisboa

 

Maria Helena Queirós -IES San Clemente - Compostela, Santiago de Compostela, España -FCT Santiago de Compostela – Lisboa

 

María Dolores Díaz Rifón -IES San Clemente - Compostela, Santiago de Compostela, España -FCT Santiago de Compostela – Lisboa

 

Susana Vázquez Regueiro -CEIP San Xoán, Becerreá, España -Cautivar con lecturas: El Principito que vive en la Biblioteca

 

ANA BELEN LOPEZ PEREZ -IES San Rosendo, Mondoñedo, España -Children’s Literature and Trans-European Citizenship. A View from the Periphery.

 

Anxos Rial Vidal - IES de POIO, Poio, España -Cine-tura: de cine a literatura

 

Carmen Fernandez -IES de POIO, Poio, España -Cine-tura: de cine a literatura

24 outubro 2013

▬ O Principiño que vive na Biblioteca

O Principiño que vive na Biblioteca: Un proxecto para ACNEE

Cautivar con lecturas: O Principiño que vive na Biblioteca é un proxecto galego e portugués deseñado para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
 
O seu obxectivo fundamental é o de mellorar a competencia lectoescritora do alumnado participante, así como dotar ás profesoras que o deseñaron, dun espazo colaborativo no que aprender e potenciar as súas propias capacidades.
 
Foi desenvolvido ao longo do curso 2012/13 por alumnos do CEIP San Xoán de Becerreá (Lugo) e da Escola Básica 1,2,3 Francisco Ornêlas de Cámara, de Ilha Terceira (Azores).

Na procura de lecturas e escrituras pracenteiras, do descubrimento lúdico da biblioteca, das aprendizaxes compartidas... todos os participantes encontraron, neste proxecto, un motivo alegre de traballo, no que, como é imprescindible con este alumnado, as emocións foron un ingrediente prioritario.

Rosa Medeiros de Mendoça e Susana Vázquez Regueiro planificaron este eTwinning, que conseguiu Selo de Calidade Nacional en Portugal e España.

21 outubro 2013

European Conference of eTwinning Ambassadors

Durante os días 17, 18 e 19 de outubro celebrouse a Conferencia Europea de Embaixadores eTwinning, en Catania, Sicilia.

A Conferencia reuniu a máis de douscentos profesionais do ensino de toda Europa baixo un lema común: “A network for suistainable innovation”. A potencia das ferramentas en rede foi unha das claves da xuntanza, e un dos temas recurrentes nos diferentes workshops. Tratouse de presentar ao Embaixador como unha figura capaz de difundir o programa e as súas potencialidades mediante a modelaxe, a empatía e o espíritu propio do programa, todo iso baseado nas dotes comunicativas.


A ocasión foi o caldo de cultivo óptimo para o encontro, a aprendizaxe e o feito de compartir experiencias e metodoloxías innovadoras. Iso aconteceu por efecto dos obradoiros e charlas, pero tamén, ou sobre todo, tamén, nos momentos de conversas informais entre embaixadores.

A estrutura da conferencia foi semellante ás anteriores: sesións plenarias para iniciar e finalizar as sesións de traballo, e obradoiros en sesións paralelas. Houbo tamén un momento para coñecer boas prácticas de diferentes embaixadas europeas, entre as que España presentou tres, unha das cales era galega.

Aparte da colaboración de todos os eTwinners, postos ao servizo do SNA Italiano que organizou o evento con profesionalidade, dinamismo e divertimento, temos que citar varias colaboracións importantes, algunhas nas charlas plenarias, como a de Eugenio Riviére, da Comisión Europea, ou as de Marcello Limina, Luca Girardi e Maria Letizia Melina, representantes do Ministerio de Educación italiano e Santi Scimeca, do Servizo Central Europeo, entre outros. Porén, unha das colaboracións máis orixinais e sorprendentes foi a de grupos de estudantes de Catania que se encargaron de expoñer e crear arte durante a conferencia (Liceo Artístico Statale ”E. Greco”), de guiar a nosa visita a Catania (Escola IPSIA, “E. Fermi”, “E. Greco”, de Catania, e ITSCG “M. Rapisardi”, de Catalnissetta) e de atendernos durante a cea de gala (Escola Vocacional de Catering “Fermi Eredia”, de Catania). Esta colaboración encheu de xuventude e entusiasmo as nosas participacións e deunos unha idea da magnitude de eTwinning.

As sesións de Boas Prácticas de Embaixadores foron as seguintes:

Paola Arduini and Antonella Ciriello the use of teachers room for regional networking, beginners welcome, seminar follow-up
Mariella Fasanelli and Massimiliano D'Innocenzo webinars for beginners organized in cooperation by ambassadors and NSS
Mariangela Bielli and Rossana Maglia the regional ambassadors network in Lombardia
Carla Asquini between formal and informal education, a pioneering experience in FVG - Working with newly hired teachers
Antonietta Calò (+1?) a tea with eTwinning: micro promo events
Susana Vázquez Disseminating eTwinning to future teachers in teacher training colleges
María Jesús Parra Implying school colleagues in a year-long training on eTwinning within the school timetable
David Sánchez-Barbudo Disseminating eTwinning from a teachers support centre
Yolanda Egea Sharing and promoting eTwinning
Heidi Giese Training across the borders
Sally Ost Using other networks for promoting eTwinning
Kurt Schlegel Presenting the experience of a learning event on Creating Music in eTwinning
John Warwick Strategies for engaging School Leaders and developing School eTwinning Teams and the potential impact across the school.
Lisa Taner UK's national online Ambassadors community
Nick Falk and Anne Jakins Initial training and eTwinning - the pilot
Natacha Hansen Ambassador's local network
Laurence Couvreur Presenting TS tools through a real project
Sari Auramo Using online tools for eTwinning-courses for teachers.
Tiina Sarisalmi develop a learning community sharing expertise and best practices in promoting the internationalization of general education
Niilo Alhovaara Google Hangouts for collaboration’
Georgiadou Maria Nationality involve Eu ambassadors in national events
Zuzana Mészárosová elearning course “Methodology of international projects of eTwinning cooperation”
Lidija Kralj From eTwinning beginner to expert – modular, blended learning approach
Dominika Tokarz; Mariola Chodakowska-Malkiewicz Teams of ambassadors and regional representatives


Os obradoiros en sesións paralelas foron os seguintes:

1- How to define a good eTwinning project. Geore Glass, Alessandra Pallavicini e Camilo Rodríguez
2- Learning events. Tina Sarisalmi, Miriam Schembri, Adam Stepinski e Irina Vasilescu.
3- Ambassadors' Social Toolbox: collaborative tools to share ideas, plan and organize events. Bart Verswijvel, Ban Bastiaensen.
4- Mobile storytelling to support self-presentation. Maria Ranieri.
5- How to use and share multimedia content. Niilo Alhovaara, Carla Asquini, Maria Georgiadou, Kurt Schlegel.
6- How to run online training seminars. Sari Auramo, Val Brooks, Antonella Ciriello, Laimute Vidauskiene
7- How to plan a flipped eTwinning workshop. Italia Castiglioni, Maria Chodakowska-Malkiewicz, Loredana Messineo, James Pearson.
8- European online community for ambassadors. Anne Gilleran, Irene Pateraki
9- Communication Strategies for ambassadors. Laire Morvan, Lidija Kralj

Accede neste enlace á descrición dos workshops no Blog de Embajadores.

20 outubro 2013

Premios SIMO Educación 2013

O proxecto eTwinning galego Cinetura: del cine  a la literatura  foi un dos tres finalistas no certame de Premios a la innovación educativa SIMO network na categoría de Mellor proxecto colaborativo e cooperativo.

Unha entrada sobre o proxecto foi publicada no Espazo Abalar

Deixamos aquí a comunicación que chegou ao IES de Poio da directora do certame:


Estimado amigo:Tengo el placer de comunicarte que tu empresa es una de las 3 finalistas del Premio SIMO Educación 2013 en la categoría Mejor Proyecto colaborativo y cooperativo
Finalistas:·        
 BLOG COLECTIVO "EN LA NUBE TIC" (Juan Carlos Guerra Fernández)·       
 CINETURA: DE CINE A LITERATURA (IES de Poio)·        
PROYECTO COLABORATIVO INTERNACIONAL LIBRO VIRTUAL GLORIA FUERTES (Mª Lourdes Giraldo Varaas)
Deseamos invitarte, a ti y a las personas de tu empresa que estimes, al acto de entrega de los premios SIMO Educación 2013, que tendrá lugar en la SALA DE CONFERENCIAS, situado en el pabellón 1 de Ifema, stand 1E12, el día 17 de octubre, a las 14:00 h.
Esperando poder saludarte en la feria, te traslado de momento mi enhorabuena por estar entre los finalistas y te envío un cordial saludo,
María Valcarce - Directora de Certámenes

13 outubro 2013

▬ FCT SdC-LX

O proxecto eTwinning FCT Santiago de Compostela - Lisboa é un exemplo de como utilizar un TwinSpace para xestionar un proxecto Leonardo da Vinci (sería igualmente útil para un Comenius ou mobilidades Erasmus). 

Catro alumnos de FP Informática do IES San Clemente de Santiago de Compostela realizaron as súas prácticas na multinacional Teleperformance en Lisboa, e seis alumnos do colexio lisboeta INETE en varias empresas de Compostela. 


Os organizadores das mobilidades foron Marcos Vence e Ana Baio e participaron outros docentes de ambos centros educativos: Helena Queirós, Dolores Díaz, Jorge Carvalho, Débora Eleti e Afonso Pena.

Máis información no blogue do proxecto: fctlx.blogspot.com

Mini-conferencia de embaixadores en Catania

Os días 17, 18 e 19 de outubro celebrarase en Catania unha Mini Conferencia de Embaixadores eTwinning.


A Mini-Conferencia ten como un dos propósitos difundir as prácticas que se están levando a cabo nas diferentes Embaixadas Europeas. Nese sentido, a Embaixada Galega levará unha das accións de difusión levadas a cabo durante o curso 2012/13, na Facultade de Maxisterio da Universidade de Santiago, en Lugo. A práctica levará o título de “Disseminating eTwinning to future teachers in Teacher Training Colleges” e será presentada por Susana Vázquez Regueiro.

O outro obxectivo fundamental da Conferencia é dar a coñecer novas técnicas de traballo para Embaixadores eTwinning. Así, o groso do programa para os tres días que durará está formado por obradoiros de traballo cooperativo, como poderás apreciar no programa do evento.

O equipo español estará constituído por Yolanda Egea, José Luis Cebollada, Alicia López, Neus Oliver, Mª Jesús Parra, Juan Peñas, Marta Pey, Camilo Rodríguez, David Sánchez Barbudo e Susana Vázquez. En representación do noso SNA irán Pilar Antolín e Annette Westerop.

Podes seguir toda a información no noso Facebook, pero hai máis canles de visualización:

Outras informacións relevantes:

06 outubro 2013

▬ Cinetura: del cine a la literatura


Cinetura: del cine a la literatura é un proxecto galego desenvolvido no IES de Poio pola profesora de Latín Carmen Fernández e a profesora de Galego e encargada da biblioteca do centro Anxos Rial. No proxecto participaron Katalin Kanozsay, profesora en  Komárno, Eslovaquia,  xunto con  Laura Carbonelli  e Giacinta Mecucci , profesoras en Roma que contaron coa colaboración de outras colegas do seu instituto.
O proxecto acadou o Selo de Calidade Nacional en Eslovaquia, Italia e España, ademáis do Premio Nacional en Eslovaquia.
Cinetura foi proxecto do  mes en España 
O proxecto consistíu no traballo do alumnado partindo de obras literarias que foron levadas ao cine. 
                                                                                                                                                   Ler máis...

                                                                         

20 setembro 2013

▬ Children’s Literature and Trans-European Citizenship. A View from the Periphery


Children’s Literature and Trans-European Citizenship. A View from the Periphery é un proxecto galego desenvolvido no IES San Rosendo de Mondoñedo  pola profesora de inglés  Ana Belén López Pérez. en colaboración con varios departamentos e coa biblioteca do instituo. No proxecto participaron centros de Turquía, Rumanía e Polonia. O seu traballo consistiú en profundizar no  coñecemento de Europa a través de libros infantís e xuvenís que tratan deste tema
O proxecto acadou o Selo de Calidade Nacional en España e Turquía.
A profesora Ana Belén López cóntanos sobre  o seu proxecto: 
                                                                                                               Ler máis...

15 setembro 2013

Acaba de abrirse o prazo de inscrición no curso eTwinning 2.0 do INTEF. Aqueles de vós interesados en realizar este curso gratuíto e online de formación en eTwinning, ide á páxina de preinscrición, buscade o curso e clicade nel. Tras rexistrarvos como usuarios seguide as instrucións deste documento ata formalizar a preinscrición.

O prazo de inscrición vai desde o 13 de ata as 9 horas do día 20 de setembro e a listaxe de admitidos sairá o 25 de setembro.

02 setembro 2013

Selo de Calidade Europeo 2013



O prazo para a solicitude de Selo de Calidade Nacional, no caso de que se desexe optar a Selo de Calidade Europeo 2013, estará aberto ata o 20 de setembro.

Non é necesario solicitar o Selo de Calidade Europeo. Este recoñecemento é concedido polo Servizo Central eTwinning (Bruxelas) a aqueles proxectos que consigan polo menos dous Selos de Calidade de dous Servizos Nacionais distintos. Ademais, o proxecto debe ser proposto para Selo de Calidade Europeo por polo menos un dos Servizos Nacionais que previamente concedan o devandito Selo.

O período de nominación a Selo de Calidade Europeo terá lugar do 17 ao 18 de outubro de 2013. Farase público o listado de proxectos galardonados co devandito recoñecemento o 22 de Outubro de 2013.

Só poderán participar na convocatoria a Premio Europeo eTwinning 2014 aqueles proxectos que obteñan o Selo de Calidade Europeo 2013.

Artigo do SNA: "Nueva guía rápida para solicitud de Sellos de Calidad"

Artigo do SNA: "Requisitos y procedimientos en la concesión de Sello de Calidad Europeo 2013"

29 agosto 2013

Nova convocatoria do curso eTwinning 2.0 do INTEF

Como cada novo curso escolar, o Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado, INTEF, acaba de facer pública a nova convocatoria de cursos para o vindeiro trimestre do curso escolar 2013-2014. Nesta convocatoria inclúese o curso eTwinning 2.0, no que se ofrece unha formación completa sobre como utilizar a plataforma eTwinning así como sobre a forma de desenvolver proxectos. Ao longo do curso preténdese que o profesorado se familiarice cos diferentes aspectos de eTwinning.

Sen dúbida é unha excelente axuda formativa, baixo a fórmula de curso a distancia e en rede e, como o resto dos cursos ofrecidos polo INTEF, gratuíto.

Se estades interesados ábrese o prazo de inscrición a semana que vén (desde o 2 de setembro) no seguinte enderezo:

28 agosto 2013

Recoñecemento



As comunidades autónomas de Galicia, Madrid e Murcia, son as únicas do territorio español que non recoñecen a participación en proxectos eTwinning, nin como méritos de innovación, nin de formación, nin de calquera outra maneira.

Resulta paradoxal que as novas relacionadas con eTwinning no boletín da Consellaría de Educación estean etiquetadas como innovación (exemplo), que o coordinador eTwinning (representante do Servizo Nacional de Apoio) en Galicia sexa asesor de innovación, que haxa relatorios sobre eTwinning nas Xornadas de Innovación Educativa organizadas pola Consellaría, etc, mentres que o traballo de multitude de docentes de Galicia non é recoñecido de ningunha forma.

Durante o ano escolar 2012-2013, a Embaixada eTwinning Galicia realizou unha campaña de recollida de sinaturas para solicitar formalmente este recoñecemento ao Director Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. As instancias entregadas por rexistro, non tiveron resposta a día de hoxe.

A nova Orde do 14 de maio de 2013 pola que se regula a certificación das actividades de formación permanente do profesorado de Galicia non inclúe explicitamente eTwinning.

Despois da publicación desta Orde, o coordinador eTwinning en Galicia propuxo ao director do Centro Autonómico de Formación e Innovación o recoñecemento como innovación educativa aos proxectos que cumpran os seguintes requisitos:
  • 30 horas: proxectos que obteñan o Selo de Calidade Nacional.
  • 40 horas: proxectos que obteñan Premio Nacional
  • 50 horas: proxectos que obteñan Premio Europeo.

Desde a Embaixada eTwinning Galicia valoramos esta iniciativa positivamente e agardamos que a resposta do CAFI sexa favorable.


06 junho 2013

eTwinning nos Clubs de lectura


O venres pasado na sesión de Lusofonía e linguas nos clubs de lectura, dentro das VI Xornadas de Clubs de Lectura, algunhas asistentes comentaron como integraban os proxectos eTwinning como un medio de proporcionar unha dimensión internacional e de traballo compartido con membros de Clubs de Lectura doutros países.

Dado que este pode ser unha utilidade importante para todos os coordinadores e coordinadoras de Clubs, animámosvos a que exploredes esta liña de traballo particularmente aqueles que teñades Clubs nos que se lean obras en linguas estranxeiras de forma habitual ou ben puntual.

O procedemento sería, rexistrarse en eTwinning, buscar socios con intereses comúns: lingua de lectura, nivel dos membros, etc. e iniciar un proxecto común no que os socios escollemos a forma e frecuencia de contacto.
Ánimo cos vosos Clubs de Lectura e pensade nesta forma de dinamizalos con vistas ao próximo curso.

04 junho 2013

▬ The Voice of Europe

http://etwinningvoiceofeurope.blogspot.com
The Voice of Europe é un proxecto levado a cabo desde a colaboración entre a profesora de inglés Ana Arias Castro do CPI Tino Grandío, Neringa Lemeziene de Tryskiai (Lituania) e Barbara N'Sir de Poznan (Polonia).

Este proxecto para o curso 2012-2013 consistía na redacción dun blogue colaborativo entre o alumnado  dos tres centros participantes. A lingua vehicular foi o inglés dado que esta é a materia desde a que se promovía a actividade desde cada un dos tres centros.

LER MÁIS...

20 maio 2013

eTwinning Camp en Croacia

Do 25 ao 27 de abril celebrouse en Tuhelj (Croacia) o eTwinning Camp 2013, no que participaron membros dos proxectos gañadores na Competición Europea eTwinning 2013. Entre eles, alumnas, alumnos e profesores do proxecto Pek, a Pulga Viaxeira #3.


Montserrat (ES), Alessandra (IT), Muriele (FR),
Ciro (Vilagarcía), Keri (BG), Marcos (Compostela) e Bruna (IT)

Galegas e galegos en Zagreb

Presentación de Jose Luis, Daniel e Marina 
Presentación de compañeiros italianos
Ciro (Vilagarcía), Montserrat (Nájera) e Marcos (Compostela)

Alfonso, Yolanda, Marina, Daniel, Fátima (PT), Diego e Estela

Case todos e case todas



Un autobús cheo de pekkies


10 maio 2013

CAMPAÑA DE PRIMAVERA 2013

Ata o día 17 de maio podes participar  na Campaña de Primavera eTwinning.
Para este ano as propostas son:

-  Café eTwinning: sesión cos compañeiros para dar a coñecer o proxecto concreto e o programa eTwinning.
- Concurso de carteis colaborativos en liña, co tema "Gañamos con eTwinning". Aínda que non participes co teu cartel, podes votar os traballos presentados a través do teu escritorio eTwinning. Para usuarios non rexistrados, esta é a páxina pública na que poden acceder aos carteis e votalos.
- Recollida de experiencias de proxectos eTwinning que se converteron en Comenius e/ou viceversa.

Para participar en calquera das iniciativas, terás que acceder ao teu escritorio eTwinning, e entrar no apartado "Spring Campaigne".

27 março 2013

Lisboa 2013

Do 14 ao 16 de marzo celebrouse en Lisboa a conferencia anual eTwinning 2013, con presenza de varios docentes de Galicia:

Celine (GL), Camilo (ES) e Mela (GL)

Lina (PT), Marcos (GL) e Muriele (FR)

Carmen (IT) e Susana (GL)


Algunhas fotos dos stands

 












Vídeo resumo da conferencia