Hoxe falámosvos doutro proxecto desenvolvido dentro do Plan Proxecta na nova modalidade de Patrimonio cultural europeo en colaboración no programa eTwinning.
O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais.
O proxecto do CPI O Progreso, Coñecémonos, coñecémosvos e respectámonos a través das redes foi desenvolvido desde a coordinación, en Galicia, de Raúl Antona. El é quen nos conta como foi a experiencia:
O noso obxectivo principal era contribuír a valorar, protexer e difundir a nosa cultura e tamén a coñecer e respectar outras coas súas diferenzas e similitudes. Por outra banda dicir que, coa progresiva ampliación do patrimonio cultural a elementos moi variados da cultura coma a gastronomía, a ciencia, a música, a literatura, o folclore, etc. a relación entre patrimonio cultural e ensino faise evidente (idiomas, tradicións orais, ritos e crenzas, artesanías, deportes, xogos tradicionais, etc.) e parécenos a un recurso educativo transversal moi importante.
O elemento en común deste proxecto é a cultura viquinga característica do noso concello (Catoira), por iso estivemos a procura de socios en puntos específicos da xeografía europea, centrándonos principalmente na Bretaña francesa e na península de Escandinavia. Finalmente e tras moito esforzo conseguimos atopar a un socio para o desenvolvemento do noso proxecto o
Collège Louis Anquetin en Etrepagny (Francia). Dicir que, pese a constante axuda da embaixada eTwinning de Galicia, este foi un punto bastante frustrante xa que é bastante complicado atopar socios con certas características ou similitudes cando nos tes o contactos necesarios na plataforma e Twinnning.En
relación ao desenvolvemento do noso proxecto dicir que dende o noso centro
involucráronse diferentes departamentos (Educación Plástica e visual, Inglés,
Tecnoloxía, Francés e Educación Física) e tíñamos como produto final a elaboración dunha pequena exposición, tanto física como virtual, cos traballos de investigación realizados en conxunto polo noso
alumnado. Finalmente non puidemos acadar este obxectivo xa que o noso socio
tivo moitos problemas pola situación provocada pola COVID-19 ao longo do curso
no seu país e apenas puidemos desenvolver actividades en conxunto. Este ano
simplemente conseguimos desenvolver o que é a estrutura do proxecto (Twinspace
coas súas diferentes páxinas, inscribir ao noso alumnado, diferentes grupos de
traballo, etc.) pero o proxecto en si mesmo trataremos de rematalo o vindeiro
curso xa que a nosa comunidade educativa e, o noso alumnado especialmente,
móstrase moi motivado coa posibilidade de traballar de forma cooperativo con
estudantes doutros países e culturas.
Desde a Embaixada animámosvos a continuar, a idea de proxecto é moi boa e este ten sido un curso curioso, que non dá para tomar decisións definitivas! eTwinning rebosa de socios que desexan colaborar connosco!