31 maio 2022

▬ European Medieval Towns

 


Presentamos un dos proxectos eTwinning desenvolvidos dentro do Plan Proxecta na modalidade de Patrimonio cultural europeo en colaboración no programa eTwinning.

O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais.


Trátase do proxecto European Medieval Towns realizado na EOI de Ourense en colaboración coa Escola de Segunda Oportunidade de Kalamata (Grecia), o Liceo Científico G. Banzi Bazoli de Lecce (Italia) ea Escola Profesional Beira-Aguieira de Coimbra (Portugal) .

O proxecto ven de ser recoñecido co Selo Nacional de Calidade.

"O proxecto axudou aos alumnos a coñecer o propio legado medieval así como o legado medieval en outros países. Elaboraron materiais colaborativos e debatiron nos foros sobre a maneira de preservar o legado histórico nos seus países.

Na parte inicial do proxecto o alumnado tivo que recoller información sobre o legado medieval nas súas cidades, facendo fotografías e elaborando descricións que subiron a un muro colaborativo en Padlet.

Na tarefa final, os alumnos intercambiaron postais cos socios nas que amosaban algúns dos elementos mais representativos do legado medieval nas súas cidades"

Todos os productos xerados polos alumnos pódense ver no Twinspace do Proxecto

 A modo de resumo deixamos esta presentación Genially: 


25 maio 2022

▬ #SUMATEALAPETANCA


Presentamos un dos proxectos eTwinning desenvolvidos dentro do Plan Proxecta na modalidade de Patrimonio cultural europeo en colaboración no programa eTwinning.

O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais.


Trátase do proxecto #SUMATEALAPETANCA realizado entre o Ceip Plurilingüe Porto Cabeiro de Redondela (España) e o College Canterane de Castedenau de Médoc (Francia).

A coordinadora do proxecto cóntanos o seguinte: 

"Tentouse buscar un socio francés dun entorno que xa tivese tradición de xogar á petanca ao igual que o entorno do noso alumnado para darlle continuidade a idea de que en diferentes países se desenvolve un mesmo xogo.

Na consecución deste proxecto participaron 3 mestras e un total de 24 alumnos/as de 9/10 anos e 18 alumnos/as de 12/13 anos. Centrouse no xogo da Petanca tratándoo  nun traballo interdisciplinar entre as  materias de Educación Física, Lingua Castelá, Lingua Galega, Arts (Plástica), Matemáticas, Ciencias Naturais, Ciencias Sociais e sesións de Informática, buscando o desenvolvemento das competencias clave, partindo da investigación sobre o patrimonio lúdico, transmitido polos maiores que rodean aos alumnos/as. Trátase de chegar a erradicar que é un xogo de maiores.

O alumnado foi o protagonista do deseño, da elaboración de actividades e do produto final. Traballou de xeito colaborativo cos seus compañeiros socios.

Deixamos neste genially en que consistiu o proxecto.



Este é o Twinspace do proxecto.

09 maio 2022

▬ Un salto en Roma


Un salto en Roma  foi un proxecto  eTwinning desenvolvido con alumnado entre 14 e 16 anos. polo IES de Poio, o  Agrupamento de  Escolas  Sá de Miranda de Braga e o  Liceo  G.  Peano de Roma,

O proxecto buscou  traballar competencias clave, especialmente a lingüística, dixital e social,  ademais de desenvolver  o  curriculum de Latín no centro español e de Lingua española nos centros portugués e italiano. Para iso creáronse  equipos internacionais que se repartiron as distintas seccións dunha revista dixital

O primeiro número da revista tratou temas xerais e o segundo número da revista abordou o tema do ano en  eTwinning: os centros educativos e a nova  Bauhaus europea.

Os obxectivos do poxecto consistiron en mellorar competencias clave, fundamentalmente a competencia dixital e lingüística e competencias sociais e cívicas., abordar o  curriculum das nosas materias dunha forma innovadora, fomentar a autonomía do alumnado na súa aprendizaxe e favorecer a comunicación intercultural. 

Tras unha fase de presentación de alumnado, dos seus centros e localidades e de elección de  logo,


organizados en grupos internacionais prepararon o número 1 da revista manexando a bibliografía dispoñible no  Twinspace. Cada equipo tiña un foro onde se repartiron distintas funcións na revista e ían chegando acordos para os contidos.

Para o número 2 o  Twinspace tiña bibliografía sobre a nova  Bauhaus europea e sobre a educación na Antiga Roma para integrar  o tema  curricularmente en Poio.

Esta e a ligazón ao Twinspace

07 maio 2022

eTwinning na Facultade de Ciencias da Educación, Santiago

 



O pasado venres día 6 de abril, a Facultade de Ciencias da Educación, da USC, daba cabida aos proxectos eTwinning nunha xornada organizada por Carol Gillanders, Raúl Eirín e Isabel Dans e á que daba apertura Carmen Morante, Decana da Facultade. Durante a mañá, o programa europeo foi presentado aos futuros docentes, achegando información desde moi diversas perspectivas:

  • A Administración, a través de Patricia Ares, chegada desde a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.


  •    A Facultade de Ciencias da Educación, a través de representantes do profesorado e alumnado participantes nos proxectos eTwinning desenvolvidos, por vez primeira, na USC con alumnos e alumnas universitarios.
  • Profesores de EP, con ampla traxectoria en proxectos europeos e colaboradores coa Facultade.
  • A Embaixada eTwinning en Galicia, con Susana Vázquez, que presentou a filosofía do programa exemplificado no proxecto actual do seu centro: Cadea de hoteis de insectos.


Podes ver aquí o programa.

Na xornada, destinada a público en xeral, pero especialmente para alumnos do Grado en Formación do Profesorado de EI e EP, reuniu a preto dun centenar de persoas para ser testemuña do que se está a desenvolver na Facultade e para animar á participación nos TFG e TFM, facendo parte das experiencias presentadas na convocatoria dos Premios ITE 2022.

eTwinning é un programa innovador para implementar nos centros educativos galegos... que mellor que coñecelo desde a propia formación inicial do profesorado?


Parabéns pola iniciativa!

02 maio 2022

▬ LusoMicroFonia

 

Proxecto eTwinning desenvolvido no ano escolar 2021/2022 por profesorado e alumnado do IES San Clemente, Santiago de Compostela, do AE Carlos Amarante, Braga, Portugal e do Centro Paula Souza, São Paulo, Brasil.


 

No centro galego participou o alumnado dos ciclos PluriFP SMR e ASIR coa coordinación de Marcos Arias, Beth Oliveira e Marcos Vence, coa colaboración de José Freire e tendo como socia portuguesa a profesora Adelina Moura e socio brasileiro Álvaro Filho.






O alumnado participante estudaba cursos profesionais de Informática. Traballaron temas relacionados cos módulos Aplicações Ofimáticas, Aplicações Web e lingua portuguesa (PLEP). Obxectivo principal: crear un canal de podcast lusófono para o seu uso continuado por parte de todas as escolas interesadas e dotalo de contido inicial, alén de adestrar a expresión oral en portugués.

Máis información: