25 maio 2022

▬ #SUMATEALAPETANCA


Presentamos un dos proxectos eTwinning desenvolvidos dentro do Plan Proxecta na modalidade de Patrimonio cultural europeo en colaboración no programa eTwinning.

O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais.


Trátase do proxecto #SUMATEALAPETANCA realizado entre o Ceip Plurilingüe Porto Cabeiro de Redondela (España) e o College Canterane de Castedenau de Médoc (Francia).

A coordinadora do proxecto cóntanos o seguinte: 

"Tentouse buscar un socio francés dun entorno que xa tivese tradición de xogar á petanca ao igual que o entorno do noso alumnado para darlle continuidade a idea de que en diferentes países se desenvolve un mesmo xogo.

Na consecución deste proxecto participaron 3 mestras e un total de 24 alumnos/as de 9/10 anos e 18 alumnos/as de 12/13 anos. Centrouse no xogo da Petanca tratándoo  nun traballo interdisciplinar entre as  materias de Educación Física, Lingua Castelá, Lingua Galega, Arts (Plástica), Matemáticas, Ciencias Naturais, Ciencias Sociais e sesións de Informática, buscando o desenvolvemento das competencias clave, partindo da investigación sobre o patrimonio lúdico, transmitido polos maiores que rodean aos alumnos/as. Trátase de chegar a erradicar que é un xogo de maiores.

O alumnado foi o protagonista do deseño, da elaboración de actividades e do produto final. Traballou de xeito colaborativo cos seus compañeiros socios.

Deixamos neste genially en que consistiu o proxecto.



Este é o Twinspace do proxecto.