07 maio 2022

eTwinning na Facultade de Ciencias da Educación, Santiago

 



O pasado venres día 6 de abril, a Facultade de Ciencias da Educación, da USC, daba cabida aos proxectos eTwinning nunha xornada organizada por Carol Gillanders, Raúl Eirín e Isabel Dans e á que daba apertura Carmen Morante, Decana da Facultade. Durante a mañá, o programa europeo foi presentado aos futuros docentes, achegando información desde moi diversas perspectivas:

  • A Administración, a través de Patricia Ares, chegada desde a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.


  •    A Facultade de Ciencias da Educación, a través de representantes do profesorado e alumnado participantes nos proxectos eTwinning desenvolvidos, por vez primeira, na USC con alumnos e alumnas universitarios.
  • Profesores de EP, con ampla traxectoria en proxectos europeos e colaboradores coa Facultade.
  • A Embaixada eTwinning en Galicia, con Susana Vázquez, que presentou a filosofía do programa exemplificado no proxecto actual do seu centro: Cadea de hoteis de insectos.


Podes ver aquí o programa.

Na xornada, destinada a público en xeral, pero especialmente para alumnos do Grado en Formación do Profesorado de EI e EP, reuniu a preto dun centenar de persoas para ser testemuña do que se está a desenvolver na Facultade e para animar á participación nos TFG e TFM, facendo parte das experiencias presentadas na convocatoria dos Premios ITE 2022.

eTwinning é un programa innovador para implementar nos centros educativos galegos... que mellor que coñecelo desde a propia formación inicial do profesorado?


Parabéns pola iniciativa!