O IES San Clemente, en colaboración coa Embaixada eTwinning Galicia, participa no plan de mellora de equipamentos dos centros novos en eTwinning que necesiten axuda para realizar os primeiros proxectos na plataforma.
As primeiras beneficiarias foron as profesoras Raquel Lafuente e Charo Villar, do CEIP de Rubiáns, que recibiron dous portátiles en cesión o día 15 de xaneiro de 2013, despois de participar como autoras nas publicacións "Proxectos eTwinning Galiza-Portugal" e "Proxectos eTwinning de Pedagoxía Terapéutica" respectivamente.
Tamén participaron nunha pequena sesión de formación sobre Desktop e TwinSpace a cargo do Embaixador Marcos Vence.
Tamén participaron nunha pequena sesión de formación sobre Desktop e TwinSpace a cargo do Embaixador Marcos Vence.
_
O día 5 de xuño, o CEIP de Rubiáns recibiu unha segunda cesión de material: tres escáners, tres impresoras e doce altofalantes.