Dende decembro do 2017 ata marzo do 2018 pódese solicitar este selo para recoñecer o labor dos centros. É unha iniciativa para os centros nas súas actuacións, que non se recoñecía ata ahora. Recoñecíase o labor de profesorado e alumnado con selos de calidade nacionais e europeos, pero faltaba o de centro educativo.
O proceso de solicitude ten dúas fases:
Na primeira fase, profesorado eTwinning do centro recibirá dun xeito automático o cuestionario de avaliación, no caso de cumplirse tres requisitos:
- Centro inscrito en eTwinning dende hai máis de dous anos.
- Polo menos dous docentes inscritos en Twinnnung no momento da solicitude.
- Ter obtido selo de calidade nos últimos dous anos.
Recoméndase unha reunión do profesorado eTwinning coa dirección do centro antes de pasar a realizar a segunda fase, na que se avaliará o cumprimento dos seguintes seis criterios:
- Realización no centro de actividades de uso responsable de Internet.
- Cooperación activa de 3 ou mais docentes na realización de actividades eTwinning.
- Participación de polo menos dous grupos de estudantes en proxectos eTwinning.
- Partcipación de dous ou máis docentes en actividades educativas de eTwinning.
- Mostrar públicamente a participación do centro en eTwinning.
- Ter realizado actividade promocional neste ano.
Para máis información preme na imaxe ou no enlace.